Concursos e premios

Concursos e premios nos que temos participado

Exposición de traballos con castañas 2015

Ao longo do mes de novembro realizamos na entrada do colexio unha exposición con manualidades feitas con castañas na que participaron todos os membros da comunidade educativa que o desexaron.

Os traballos presentados este curso foron dunha gran calidade. Na seguinte galería de imaxes podedes observalos.

GALERÍA DE IMAXES

 


 

GAÑADORES DO CONCURSO

Traballo de María
Ed. Infantil 1º, 2º e 3º de E. Primaria 4º, 5º e 6º de E. Primaria

O 20 de novembro tivo lugar a entrega de agasallos aos mellores traballos de cada grupo. Neste concurso, todos e todas os/as participantes recibiron un fantástico agasallo destinado a fomentar a súa creatividade plástica. Asemade os gañadores de cada categoría recibiron sendos cadernos cos que comezar a plasmar dita creatividade.

Todo o alumnado do centro participou como xurado na elección dos mellores traballos. Os resultados da votación pódense ver nas seguintes ligazóns:

 

No corazón do bosque

No corazón do bosque

O alumnado de 6º curso traballou ao longo do mes de outubro o libro de Agustín Fernández Paz titulado "No corazón do bosque".

Sinopse do libro:

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.

A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

Como actividade final de Animación á lectura, realizaron un concurso literario no que era preciso ter lido o libro para ter posibilidades de éxito e pasalo ben. O premio para os gañadores foi o libro de Fina Casalderrey "Ás de mosca para Anxo" que será o que se traballará nas próximas semanas na Hora de ler en 6º curso.

Esta actividade gústalle moito ao alumnado e os engancha á lectura en tempo de lecer.

Xa están desexando que chegue axiña o próximo concurso!!

Galería de imaxes

Galería de imaxes

PLAMBE 2015/2016

Biblioteca escolar, base de exploraciónsUn ano máis o proxecto de biblioteca do noso centro foi moi ben valorado na convocatoria para o curso 2015/2016, cunha dotación económica de 900 € (seica hai crise), motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valía de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro.

Moitos parabéns para toda a comunidade educativa, xa que a maioría de vós tendes que ver, unha vez máis, con este recoñecemento.

Para este curso o lema escollido pola Consellería de Cultura e Educación é o seguinte "Biblioteca escolar, base de exploracións".

Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso i en breve teremos noticias do mesmo.

Exposición de imaxes meteorolóxicas

Exposición de imaxes

Unha das actividades que realizamos ao longo do curso foi a recolleita de imaxes de fenómenos meteorolóxicos que os membros da comunidade educativa nos ían achegando.

No mes de marzo, coincidindo co Día da meteoroloxía fixemos unha exposición nos corredores do colexio con todas as imaxes recibidas.

A verdade é que son espectaculares!!

 

Concurso "Falando de solidaridade"

O venres 15 de maio, asistimos á entrega de premios do II Concurso de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía no que resultou finalista na Categoría de Infantil unha alumna do noso colexio: Emma De Lorenzo Viljanen.

Nesta edición do concurso o tema eran historias solidarias en tempos de crise, no que o alumnado como protagonista fundamental do noso sistema educativo debía falar de valores como axuda, apoio, amizade, respecto, integración e compañeirismo entre outros.

Durante o acto puidemos desfrutar do Contacontos “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” da compañía TEATRO CALAVERA, do concerto na Colexiata  de Najla Shami con Héctor Lorenzo acompañandoa ca guitarra e a actuación de “As Maimiñas” que amenizaban a merenda popular no patio das escolas vellas.

Moitos parabéns para Emma e para o CEIP Padre Crespo pola excelente organización do evento.

Celebrando as Letras Galegas 2015

Galería de imaxes

Este curso, traballamos durante toda a semana o autor ao que se lle adica dito día : Xosé Fernando Filgueira Valverde con recursos que recopilamos no EDL.

Galería de imaxesFixemos unha "Pescuda do Tesouro". Que consistiu en darlle cada día unha pregunta aos alumnos/as de Ed. Primaria sobre a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde para que pescuden e atopen a resposta nos cartaces feitos para dito autor pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se colocaron no corredor de primaria do centro. Repartironse as preguntas durante tres días e os alumnos que as contestaron ben,  entraron a formar parte nun sorteo que se fixo en cada grupo/ curso e o alumno/a que saíu gañador en dito sorteo recibirá un agasallo na celebración de fin de curso.

Asemade, tamén estamos a facer, un libro de palabras en galego. Cada alumno elixe unha palabra e a representa cun debuxo facendo unha breve descripción da mesma, ben sexa cun poema, dicindo que significado ten para él/ela, cunha estrofa dunha canción, comentando algo que lle resulta divertido ou chamativo sobre dita palabra, ca definición do diccionario,... O resultado está a ser espectacular. Cando teñamos o libro montado pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

XX Encontros de Teatro en Bande

Néfele a Raíña das nubes

Un ano máis volvemos participar nos prestixiosos Encontros de teatro infantil amateur que tan ben organiza o Concello de Bande, en colaboración co CEIP Xoaquín Lorenzo Xocas de Bande, e que son todo un refente na comunidade educativa galega. Este ano, tivemos o previlexio de ser convidados a participar na sesión de apertura destas xornadas teatrais, acompañando ao alumnado de Bande e ao do CEIP dos Blancos.

A obra que representamos foi a de "Néfele a raiña das nubes", da que é autora a nosa compañeira Camino de sexto curso. A obra é unha adaptación do conto co que resultara premiada no concurso "A ciencia que conta" da Fundación Barrié de la Maza.

Como cabía de esperar, a representación resultou todo un éxito por parte de todos e todas os protagonistas. No vídeo que está máis abaixo podedes visionar o ben que o fixemos.

A xornal de La Región deu información sobre a apertura destes encontros.

Parabéns para todos e todas os alumnos de sexto curso!!

Galería de imaxes

Galería de imaxes

 

Rebumbio matemático

O 24 de abril participamos na XV edición do Rebumbio matemático que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas en particular.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver foron variadas alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, o que motivou aos participantes.

O equipo do noso centro estivo formado por 3 alumnos de 6º curso: Diego, Nuria e Christian. Fixérono fenomenal, e están expectantes á espera da resolución final dos gañadores desta fase zonal.

Concurso de poesía do Círculo Poético Ourensano

O xoves 23 de abril contamos coa presenza  do Presidente do Círculo Poético Ourensano xa que, viñeron expresamente a entregar a  CAMINO ALONSO FUENTE,  alumna de 6º de Primaria, o premio que lle foi otorgado por participar no concurso de poesía que organizara o Círculo poético. Acadou nada menos que o segundo lugar co poema titulado “Ourense Terra amiga”.

O presidente do círculo poético entregoulle a Camino un trofeo, cunha placa co seu nome e o premio otorgado, así coma un lote de libros e un diploma. Tamén lle deron un diploma a todo o alumnado participante no concurso. A continuación Camino leu o seu poema para todos os nenos e Mestres que estábamos na biblioteca escolar, contando tamén coa presenza da súa nai.

Para amosar a nosa gratitude ao Círculo Poético Orensano, por vir ao centro a entregarle a Camino o premio, regalámoslle un libro elaborado no colexio para festexar o día do libro, con poemas e contos inventados polos alumnos e alumnas do CEIP Manuel Sueiro, que tamén foron gañadores noutros concursos ao longo deste curso. O presidente do Círculo Poético pediulle aos nenos que llo asinasen como recordó.


Foi un acto moi emotivo!.

Galería de imaxes

Este foi o poema premiado:

OURENSE TIERRA AMIGA

Ourense, te encontré
y de ti me enamoré.

No fue la luna llena,
no fueron las estrellas,
fueron las aguas,
aguas de tus termas.

No fueron tus valles,
no fueron tus praderas,
fueron tus alegres calles
que están llenas de poemas.

Ourense te encontré
jamás te olvidaré.

Sobre tus puentes volé
y el río Miño crucé.

¡Oh, río mío!
Que tantas veces abracé.

Si pudiera volver a nacer
no lo dudaría,
esta ciudad escogería,
porque siempre, siempre
me llena de alegría.

Ourense te encontré
y entonces el mar olvidé.

Pronto el invierno pasará
y las calles húmedas se secarán.

Los parques de niños
de nuevo se llenarán.

Ourense ciudad de piedra y calor,
ciudad de lluvia y amor.

Cuantas tardes he pasado
comiendo garrapiñadas,
dando de comer a las palomas
que descaradas me rodeaban.

Ourense te encontré
y siempre, siempre te esperaré.

Cuando  hablo con
abuelos, tíos y amigos
recuerdo aquellos tiempos
de charlas en el Posío.

Ourense te encontré
y este poema te dediqué.

Un selo para Ourense

O 21 de abril a alumna do noso centro, Yadira Gabarri Vázquez, acudiu ao Auditorio Provincial de Ourense para recoller o premio recibido no concurso de debuxo “Un Selo para Ourense”, que organizou a Concellería de Educación en colaboración con Correos.

Hai que destacar o traballo presentado por Yadira, xa que segundo os membros do xurado da Organización o nivel amosado nesta edición, por todos os participantes ,foi moi alto, tanto en número como en calidade.

Moitos parabéns para Yadira!!

Distribuir contido