Como engadir unha páxina ao noso curso
Para que serve unha páxina?
As páxinas de Moodle permiten ao profesorado, usando o editor de texto, crear un recurso de tipo páxina web na que se poden incluír imaxes, texto, vídeos, sons, ligazóns ... etc, de maneira que son probablemente o tipo de recurso máis versátil.
O editor de texo ten un aspecto moi similar ao de calquera procesador de texto e parmite dar formato aos documentos posibilitando a incorporación dunha gran cantidade de elementos dixitais.
Como se crea unha páxina?
Para engadir unha páxina a un tema do curso, haberá que seguir o sseguintes pasos:
- Activar o modo edición.
- No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
- Seleccionar a opción "Páxina".
- Finalmente pulsar o botón "Engadir"
Igual que con todos os demáis recursos, neste caso tamén é necesario introducir e configurar algúns datos para a creación dunha páxina, como por exemplo un "nome" que identificará a esta páxina e un pequeno texto a modo de "descrición" da propia páxina.
Xeral
Nome = Introducimos un nome que servirá como título para esta páxina.
Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo da páxina.
Presentar a descrición na páxina do curso = Se está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na páxina do curso xusto embaixo da ligazón á actividade / recurso.
Contido
Contido da páxina = Aqui será onde deberemos introducir o contido da páxina propiamente dito: texto, imaxes, multimedia, ...