3.2 Foro para a resolución de problemas técnicos
Este foro estará atendido pola persoa responsable da aula virtual.
Neste Foro debedes realizar as vosas consultas sobre os problemas técnicos ou atrancos que teñades, co manexo e funcionamento da aula virtual, en calquera dos cursos. Unicamente se resolverán neste foro os problemas técnicos e nunca as dúbidas sobre os contidos das áreas e cursos.
As consultas sobre os contidos deberán ser realizadas no foro do tema correspondente para que poidan ser atendidas polas persoas titoras encargadas dese cursoo.
Inicia un novo fío coa túa consulta ou comenta respondendo ás mensaxes das persoas titoras ou compañeiras.
Pulsa en "Engadir un novo tema de discusión" e formula a túa pregunta. E se coñeces a resposta ao preguntado por alguén, non o dubides: pulsa en "Responder" na parte inferior dereita da mensaxe.
Cando remates de escribir, non esquezas pulsar no botón "Comentar no foro" para que quede rexistrada a túa intervención.