Foro para contactar cos mestres de apoio
Foro de consulta e debate no que expor dúbidas sobre aspectos relativos ás tarefas a desenvolver polo alumnado.
Un foro é un lugar para conversar, para aprender, para resolver as dúbidas que poidan xurdir ao longo do desenvolvemento do curso, para opinar, propoñer cuestións de interese, etc.
A máxima dos foros é: antes de escribir, le. É posible que alguén xa expuxese a mesma dúbida e estea resolta noutro fío deste foro, co cal resolverás antes o teu problema se revisas o foro en vez de lanzarte a preguntar.
Tenta ser descritivo e específico no título da mensaxe para que te poidamos axudar mellor.
Por último, lembra que no foro axudámonos entre todas e todos. Se sabes a resposta á pregunta exposta por outra persoa, contéstalle, seguro que cho agradecerá e o funcionamento do foro será máis áxil.
Pulsa en "Engadir un novo tema de discusión" e formula a túa pregunta. E se coñeces a resposta ao preguntado por un compañeiro ou unha compañeira, non o dubides, pulsa en "Responder" na parte inferior dereita da mensaxe.
Cando termines de escribir, non esquezas pulsar no botón "Comentar no foro" para que quede rexistrada a túa intervención.