Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa (mestres/as, pais/nais e persoal de administración e servizos) deste Centro que o pasado martes, 15 de outubro, ás 14:00 horas, na secretaría do centro, de acordo á resolución que o regula, iniciouse o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, coa elección por sorteo público dunha mestra ou mestre, unha representante do persoal non docente e unha persoa representande das familias para a composición da xunta electoral.
Nestas eleccións corresponde renovar 2 representantes do profesorado e 2 representantes do sector pais/nais.
Trala primeira reunión da xunta estableceuse o calendario electoral que podedes comprobar aquí (pendente de edición).