Nas clases de música o alumnado estivo traballando os dereitos de autor. Descubriron que existe música que podes usar libremente. Aplicaron o aprendido creando anuncios publicitarios sobre o cole. Fixeron ou obtiveron as fotos, descargaron música "Creative commons" e montaron os vídeos. Que vos parece o resultado? Foron convincentes?
As alumnas e alumnos de 4º de Primaria "sonorizaron" este conto da editorial Santillana. Para iso tiveron que darlle ás cabeciñas e buscar pola aula de Música obxectos e intrumentos que soaran de xeito semellante aos sons que aparecían no conto. Facede click en "audio" para escoitalo: