UN PASEO ACCIDENTADO

Henrique sae da súa casa moi contento porque por fin vai poder ir ao cine. No quiosco detense a comprar o xornal para ilo lendo polo camiño. Como anda distraído coa lectura non ve que hai obras na rúa e, sen sabelo, achégase a un sumidoiro aberto... Vai caer! De milagre, non pisa no burato.

Henrique segue co seu xornal e tampouco ve a farola que ten diante... Vai chocar! Casualmente, un paxariño distráeo da lectura co seu canto, e descobre o farol co tempo xusto para esquivalo.

Uns metros despois, aproxímase a unha pel de plátano que hai no chan... Vaina pisar! No último segundo, un empregado da limpeza evita a caída recolléndoa, pero Henrique non se decata.

Cando por fin chega ao cine, Henrique diríxese ao despacho de billetes e ve un cartel onde pon:

PECHADO POR DESCANSO.

- Desde logo -di-, que mala sorte teño hoxe!

Última modificación: mércores, 9 de maio de 2018, 11:40 AM