Skip to Content

Dúas illas mil historias

A FIN DA VIAXE

E sobre un lenzo en branco creamos a nosa historia.

Escomenzamos cunha carta de Cora, viaxamos nunha máquina do tempo coa que fixemos as nosas investigacións e contamos a nosa historia, empregando as fontes da mesma: oral, escrita e pictórica

Agora tócavos a vós gozar dela.

TRÍPTICO PERCORREMOS A HISTORIA

Realizamos un tríptico con toda a información recollida ao longo do curso, e este foi o resultado final.

Entregamos un exemplar a cada familia.

 

 

 

PRESENTACIÓNS DA HISTORIA DA RÍA DE VIGO

As nosas nenas e nenos prepararon as súas exposicións orais con todo o investigado.

Fixérono apoiándose en traballos escritos, genially,

power-point, debuxos, liñas do tempo.

Un traballo marabilloso do que puidemos gozar os demais compañeiros e compañeiras da escola.

 

EXISTIRON AS MULLERES PIRATAS?

Na historia do noso proxecto de centro atopámonos con Francis Drake, famoso corsario inglés, e isto levounos a facernos a pregunta:

EXISTIRON MULLERES PIRATA?

Polo que, o 8 de marzo en Educación Infantil coa axuda das nenas e nenos de 6º de Educación Primaria; investigamos a cerca das mulleres pirata e atopamos moitas cousas interesantes que vos imos contar.

Atrévete a descubrilo picando na imaxe.

 

AS MULLERES PIRATA EN PICTOGRAMAS

CORA VIAXA NO TEMPO A TRAVÉS DOS NOSOS VERSOS

POEMA VIAXEIRO

                               Dende a biblioteca temos unha proposta fantástica para o día da poesía, a Cora encántalle ler poesía, é unha das súas afeccións favoritas.

E quere xogar con nós a un xogo para ver o creativos/as que podemos chegar a ser. Deixou na biblioteca este escrito para todas e todos nós.

Ola de novo nenas e nenos:

Aquí na biblioteca teño tanto tempo para ler e pensar que quero compartillar con vós esta actividade que podemos facer para o día da poesía, o vindeiro 21 de marzo.

Imos compor un poema viaxeiro, cada curso escribirá unha estrofa de catro versos ou un pareado e unha vez rematado exporémolo na nosa biblioteca.

A primeira estrofa vouna escribir eu, Cora, a ver que vos parece.

Como estamos inmersos no proxecto de Centro e estamos coñecendo ao pirata Francis Drake, que navegou pola nosa ría alá polo século XVI.

Ao igual que el imos viaxar. Pero nós farémolo a través do poema que imos escribir entre todos e todas.

Escomenzo coa miña estrofa e logo tócavos a vós. Ánimo e a facer voar o maxín, lembrade que é unha actividade colectiva.

 PUBLICAREMOS AQUÍ O POEMA ESCRITO POR TODOS E TODAS NÓS

Xa temos o 

POEMA VIAXEIRO

 "UN PASEO POLA HISTORIA"

Aquí tendes xa a composición colectiva que resultou da proposta de Cora con motivo do Día da Poesía: Unha viaxe a través do tempo cunha linguaxe poética froito da imaxinación e creatividade de todo o alumnado do noso centro.

 

A Cora encantoulle! Que vos parece a vós?

Podedes lelo picando na imaxe:

 

 

8 DE MARZO. AS MULLERES A TRAVÉS DA HISTORIA

 

Chegou o 8 de marzo, día da muller, e este ano seguindo co Proxecto de Centro imos coñecer o importante papel desempeñado polas mulleres ao longo da historia.

Realizamos un traballo interniveis de Infantil a 6º de E. Primaria, cada aula investigou unha parte da evolución das mulleres ao longo da historia, unnha vez recabada a información, seleccionámola e preparamos un fermoso dossier para a nosa biblioteca e para as aulas. E realizamos un mural con todas estas mulleres que fixeron tanto por todas nós. Agora toca ler:

 

“AS MULLERES A TRAVÉS DA HISTORIA”

 

E SOBRE UN LENZO BRANCO GRAVAMOS A NOSA HISTORIA

Sobre un lenzo branco e cunha máquina do tempo

Ilustramos a “NOSA HISTORIA”

NOVAS DE CORA

CARTA DE CORA

Benqueridas nenas e nenos:

Deixeivos nas vosas aulas unha nova carta para pór en marcha a vindeira tarefa de investigación. Ledeas con moita atención e traballade moi seriamente nesta encomenda.

Aquí vos deixo as cartiñas tamén por se precisades lelas.

Mil apertas cheas de coñecemento e amor.

Desexando que sexades FELICES.

O ENTROIDO NA LIÑA DO TEMPO

HOXE CELEBRAMOS O ENTROIDO NO

MANUEL PADÍN TRUITEIRO

Este ano disfrazámonos toda a escola seguindo a liña do tempo que estamos a traballar no noso Proxecto de Centro.

1º Ciclo “A prehistoria”

4ºE.P. “Castrexos”

3º E.P. “Romanos”

5º E.P. “Idade Media”

6º E.P. “Idade Moderna”

E as estrelas da escola, as nenas e nenos de Educación Infantil:

 

"Os terribles Corsarios da Ría de Vigo"

 

Pasámolo xenial, foi un día 10. Grazas a todas e todos!

A IDADE ANTIGA, IDADE MEDIA, IDADE MODERNA E CONTEMPORÁNEA

 

"VOLVER SOBRE OS NOSOS PASOS BUSCANDO A ORIXE E OBSERVAR A EVOLUCIÓN DA NOSA SOCIEDADE, RESULTA UNHA VIAXE ENRIQUECEDORA PARA ENTENDER MELLOR O PRESENTE"

Subide á nosa máquina do tempo que escomenza a viaxe, poñemos rumbo á:

 

        

  

Distribuir contido


by Dr. Radut