Skip to Content

Augas de brillantes tesouros

PDI "AUGAS DE BRILLANTES TESOUROS"

Rematamos proxecto! Este curso emprendemos a aventura co proxecto

“Augas de brillantes tesouros”

Realizamos moitas actividades para coñecer mellor o noso entorno máis próximo, compartillámolas con todas e todos vós a través da web, Instagram, e de actividades feitas na escola.

O noso concello ofrécenos un contorno próximo cheo de riquezas culturais, artísticas e naturais.

Decidimos adentrarnos na Enseada de San Simón poñendoa así en valor, como obxectivo principal fixamos o seguinte criterio de avaliación: Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do medio natural, a través de propostas e acción que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade.

Ademais, traballamos numerosos contidos do currículo, presentes de forma explícita en cada un dos ciclos. Quedaron fixados na Concreción Curricular do PDI.

Centrámonos tamén nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que estarían presentes en todo o proceso xa que debemos protexer e por en valor a vida dos mares e das nosas rías (Obxectivo 14) Ademais de coñecer a vida no medio acuático, fixemos un achegamento á xeografía, ás profesións, ao coidado e mantemento dos ecosistemas mariños, a flora e a fauna, as dinámicas e correntes mariñas, etc.

Durante todo o curso houbo proxectos, plans de traballo, tarefas, talleres, etc centradas na Enseada de San Simón e nas súas augas.

 

Traballamos con proxectos, unidades ou situación de aprendizaxe baseadas na investigación e no coñecemento.

No 3º trimestre preparamos a exposición final que está aberta para toda a comunidade educativa.

O que buscamos en todo momento foi que o alumnado aprendese a empregar estratexias de procura, tratamento, organización e presentación da información, fomentando o pensamento crítico.

Deixámosvos o enlace a todo o traballo feito neste curso, gozade del tanto como gozamos nós investigando, aprendendo e preparando todo.

Pica na imaxe e poderás ver todos os nosos traballos.

FELIZ VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!

PRODUTO FINAL: MUSEALIZAMOS A NOSA ESCOLA

Chegou xuño e con el rematamos o noso Proxecto de Centro

“Augas de brillantes tesouros. A enseada de San Simón”

Realizamos un traballo fermoso que nos permitíu coñecer unha parte do noso entorno máis próximo,

aprendemos a valorala, a que temos que coidala porque nos dá vida, traballo, lecer, danos todo,

non podemos pedirlle máis.

E nós que lle damos?

Deixámosvos na primeira presentación as nosas exposicións orais froito das nosas investigacións,  estas fómolas

realizando ao longo do curso, para poder mostrarllas aos nosos compañeiros e compañeiras; e as familias.

E como non, agora a todo aquel que queira velas.

Grazas! 

 

 

PRESENTACIÓN MUSEALIZACIÓN DA NOSA ESCOLA

 

 

POEMARIO SOBRE A ENSEADA DE SAN SIMÓN

Nas aulas de 5º e 6º escribimos poemas na materia de Lingua Galega, o tema traballado foi a Enseada de San Simón.

Sairon uns poemas moi fermosos e creativos, algún deles foron feitos polas familias do alumnado xa que lles pedimos a súa colaboración, outros foron feitos en equipo colaborativo e outros de xeito individual, desexamos que gocedes da súa lectura!

 

E tamén fixemos pareados.

 

EXPOSICIÓN PANEIS INFORMATIVOS DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS

INVESTIGAMOS E EXPOÑEMOS

No 2º trimestre despois de adentrarnos no 1º na temática do PDI deste curso, escomenzamos o traballo de investigación sobre A Enseada de San Simón, coñecendo a súa orixe, situación, etc

Coas primairas investigacións realizamos un slide-share entre as dúas aulas de 5º e as de 6º pero queriamos facer máis visibles as nosas investigacións e non facelo só na rede, polo que consensuamos entre as diferentes aulas realizar unha serie de paneis informativos nos que plasmariamos o investigado, na seguinte presentación facémosvos un breve resumo do proxecto e o resultado final que puideron ver o resto do alumnado e toda a comunidade educativa xa que quedaron expostos no corredor da entrada da escola, para as visitas.

TRABALLOS NA REDE

Dende as materias de Lingua Galega e Castelá nas que traballamos o xénero literario da poesía, aproveitando a temática do noso PDI de Centro

"A Enseada de San Simón -Augas de brillantes tesouros"

Decidimos escribir poemas en familia, viaxeiros, individuais e en equipo para pendurar da rede que colgaba do noso corredor.

E na materia de Plástica fixemos debuxos da Enseada que tamén penduramos da rede, sendo este o resultado. Grazas!

AVES E PEIXES DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

AVES E PEIXES DA ENSEADA

DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

Cando estudamos en Ciencias Naturais os diferentes reinos, aproveitamos para completar a nosa formación no estudo da flora e da fauna da Enseada de San Simón.

Colaboraron con nós Quino Acuña e Fran (tío dunha alumna da nosa escola) donándonos fotografías de aves e peixes en plástico, grazas a estes recursos puidemos realizar unha exposición na entrada da nosa escola que estivo aberta para a súa visita na última semana do curso.

E realizamos actividades internivel na que os alumnos/as de 5º e 6º preparamos a exposición e os nosos compañeiros/as dos demais cursos visitáronna para saber máis. Podedes ver o resultado final na seguinte presentación picando na imaxe.

OS SECTORES ECONÓMICOS NA ENSEADA

OS SECTORES ECONÓMICOS

NA ENSEADA DE SAN SIMÓN

Na materia de Ciencias Sociais tocounos traballar os Sectores Económicos e aproveitando o noso PDI de Centro que nos brindaba estudalos a través del, realizamos diferentes unidades de investigación e coñecemento para cada ciclo e nivel para estudalos e saber máis.

Traballámolos dende Infantil ata 6º de Educación Primaria, como recursos empregamos todo o aprendido ata aquí, as visitas feitas á enseada, á confradía de pescadores, a entrevista realizada para TV Negueirós, os programas de radio, etc.

As unidades didácticas traballadas foron as seguintes, e a o seu remate realizamos unha exposición fotográfica de diferentes traballos da enseada, non puidemos visitar unha fábrica de conservas porque a día de hoxe seguen sen permitir visitas de escolares, unha mágoa!

FORMACIÓN PARA O NOSO ALUMNADO

Tivemos dúas xornadas de formación para o noso alumnado na prai de Cesantes para coñecer “in situ” a Enseada e tamén na escola onde Sara e Silvia nos explicaron como é a Enseada no seu fondo, a flora e a fauna que a habita e como debemos coidala, porque precisa de coidados urxentes, o peor os plásticos. L

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO

As mestras e mestres tamén precisamos formación para poder mellorar, aprender novos recursos e facerlle ao noso alumnado unha aprendizaxe máis didáctica e motivadora.

Aprendemos con Arenaria.

MAQUETAS LISTAS

AS NOSAS MAQUETAS

Na casa e na escola fixemos unas maquetas incríbles da Enseada de San Simón, na realización das mesmas axudaron as familias, con elas puidemos realizar as nosas exposicións.

Desexamos que vos gusten e xa sabedes que podedes vir á escola a gozar delas, formarán parte da musealización do proxecto.

Preme na imaxe para ver a presentación das maquetas e o video explicativo.

                              

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut