Skip to Content

Que pode acontecer se descubrimos que...? Atrévete iniciamos a aventura.

PRODUTO FINAL. CREACIÓN DUNHA ALDEA SOSTIBLE.

“UNHA ESCOLA E UNHA ALDEA SOSTIBLES”

Rematamos o noso proxecto de centro co noso produto final: a creación entre todas e todos dunha aldea sostible e dunha escola sostible.

Despois de traballar durante meses, por fin, puidemos comprobar o éxito do noso traballo.

A felicidade foi plena. Pica na imaxe para ver o proceso e o resultado.

Grazas!

 

 

RETO Nº 4. OS NOSOS DOSSIERES PARA CONSULTA.

OS NOSOS DOSSIERES

Unha vez rematadas as unidades de investigación preparamos como produto final un dossier informativo de cada unha delas.

Deixámolos aquí para que toda a comunidade educativa os poida consultar e poida facer aportacións de mellora par o futuro.

Grazas a todas e todos!

Alumnado de 6º de E. Primaria.

 

                          

 

 

                        

 

 

INFORMANDO DENDE O PADÍN SOBRE SOSTIBILIDADE.

TV NEGUEIRÓS INFORMANDO SOBRE SOSTIBILIDADE
 

Dende a nosa escola decidimos documentar en cinco programas os problemas máis salientables que investigamos sobre a sostibilidade para concienciarnos na búsqueda dun mundo máis sostible.

Xogamos na escola a facer un mundo máis aproveitado, ante os novos desafíos do noso planeta.

 

RETO Nº 4. TV NEGUEIRÓS INFORMA SOBRE SOSTIBILIDADE.

Dende RADIO – TV  Negueirós informamos a toda a Comunidade Educativa da problemática na que se atopa o noso planeta.

Entre todas e todos imos tentar facer un mundo máis SOSTIBLE.

Escoitádenos con moita atención. Estamos abertos ás vosas suxestións para mellorar a vida no planeta azul.

 

RETO Nº 4. INVESTIGAMOS A SOSTIBILIDADE. ANTES - HOXE.

“SOSTIBILIDADE”

Se estades consultando a web é que xa tedes nas vosas mans o 4º e último reto do Proxecto de Centro. Neste imos traballar a sostibilidade.

Introducimos o concepto de SOSTIBILIDADE e traballamos as nosas unidades de Investigación que teredes colgadas na Aula Virtual, nelas plantexámosvos o seguinte.

Como era a vida antes en contraposición á de hoxe en día en canto a: Luz (como se alumeaban para poder ver), Auga (como conseguían a auga), Baños (como eran os urinarios), Medios de transporte, Calefación (como facían para quentarse), Roupa (como era a roupa antes).

Mans á obra! E logo veremos aquí os resultados das nosas investigacións. Moito ánimo para todas e todos!

ENTREVISTAMOS A ROSA RIVAS. "AS ESCOLAS DE ANTES"

"ENTREVISTAMOS A ROSA RIVAS"

 

 

Dentro do noso proxecto de Centro, investigamos o funcionamento das escolas de antes (anos 50)

 

Porque como sabedes, no Castelo houbo unha escola de Primaria e os mestres/as podían vivir nel.

 

Dentro da nosa investigación entrevistamos a Rosa Rivas, veciña de Arcade nacida no ano 1944.

 

Unha entrevista moi interesante, un auténtico documento para estudar como era a vida no rural galego

 

nos anos 50 e como era para unha nena ir á escola durante a súa nenez.

 

Un auténtico testimonio cheo de sentimentos e valores.

 

GRAZAS con maiúsculas Rosa.

 

Mil grazas por vir a nosa escola e formar parte dela.

Pica na imaxe para ver a entrevista.

 

 

RETO Nº 2. RADIO NA BIBLIO."AS ESCOLAS DE ANTES."

AS ESCOLAS DE ANTES EN

“RADIO NEGUEIRÓS”

Un novo programa de:

“RADIO NEGUEIRÓS, a radio que fala coma nós”

Chegou a nosa escola, un programa especial, un programa que nos conta como eran as escolas nos anos 50, 60 e 70.

Despois de entrevistar a mestras e mestres xubilados, a exalumnas e exalumnos deses tempos, recompilamos unhas testemuñas emotivas, cheas de sentimentos, de valores, de boas lembranzas e de non tan boas.

Cantas cousas podemos aprender dos nosos maiores, son auténticos libros de sabiduría, unha experiencia fermosa, emotiva, moi emotiva que nos chegou ao fondo do noso ser.

Algo que nunca esqueceremos.

Desexamos que gocedes do programa tanto ou máis do que gozamos nós ao facelo.

Grazas, grazas e grazas a todas as persoas que nos axudan cada día a manter a ilusión e que nos ensinan que a escola e moito máis que os libros.

Picade na imaxe e poderedes escoitar o programa.

 

 

 Fotografía tomada de : https://mupega.edu.xunta.gal/ 

AS ESCOLAS DE ANTES. ENTREVISTAMOS A ELIDA ESTÉVEZ. MESTRA XUBILADA.

ENTREVISTAMOS A ELIDA ESTÉVEZ. MESTRA XUBILDADA.

Nesta entrevista realizada a Dª Elida Estévez, natural de Filgueira (Crecente), descubrimos a paixón dunha mestra polo seu alumnado, a súa vocación pola profesión do ensino, a súa humanidade para cos nenos e nenas aos que lles impartíu aulas. En definitiva, descubrimos a unha persoa marabillosa, chea de sabiduría e de vivencias que nos levan a un tempo xa fuxidío. Deixádevos ir e escoitar con atención as súas verbas xa que estas vannos trasladar a outra época.

Esta entrevista vai ser a actividade motivadora para inicia a nosa investigación: "AS ESCOLAS DE ANTES" Tedes que escoitala e vela con moita atención nela imos aprender moitas cousas.

 

RETO Nº 2. AS ESCOLAS DE ANTES.

Distribuir contido


by Dr. Radut