Skip to Content

Animación á lectura

O NADAL NO MANUEL PADÍN TRUITEIRO

E chegou o Nadal! Na nosa escola un ano máis quixemos celebralo como se merece. Traballamos arreo neste 1º trimestre e agora tocaba despedilo ao grande e

así o fixemos.

Picade na imaxe para poder ver unha pequena parte dos nosos traballos e da nosa festa.

 

BO NADAL E FELIZ 2024! Vémonos en xaneiro.

 

O NOSO CLUB DE LECTURA.

 

 

CLUB DE LECTURA

 

 

Este curso escomenzou na nosa escola a súa andaina o “CLUB DE LECTURA” organizado dende a Biblioteca Escolar.

Foi una experiencia fantástica, encantoume compartillar coas miñas compañeiras e compañeiros a experiencia da lectura e a posta en común de cada capítulo, onde espuxemos os nosos puntos de vista e as nosas opinións.

Esta experiencia servíunos para aprender que pensamos diferente e que una mesma lectura pode abrirnos diferentes visións, cada quen viaxa no libro como máis lle gusta.

O 1º libro que lemos foi “Avións de papel” de Xabier Estévez.  Ilustrado por Marcos Viso.

Xabier Estévez víu ao cole a contarnos a súa experiencia como escritor, o que lle inspirou a escribir este libro tan emotivo, ademais de contarnos anécdotas moi fermosas das súas vivencias de neno.

                    

Ao finalizar a charla fixémoslle una entrevista para a nosa canle de TV, podedes vela na nosa web, non ten desperdicio, podedes vela no seguinte enlace. Picade na imaxe.

Xa no 2º trimestre lemos poesía, un libro de Fran Alonso “Cidades” ao seu remate fixemos os nosos propios poemas e caligramas, quedáronnos moi chulos.

 

            

Lemos tamén banda deseñada e para rematar o curso lemos un libro de misterio que nos encantou a todas e todos:

“SherlocK Holmes, un estudo en escarlata”

É un libro cheo de intriga pero á vez divertido, non queres parar de ler, a nosa opinión foi unánime en canto a este libro: encantounos!

 

Como recomendación todas e todos as nenas e nenos que participamos do club de lectura recomendámosvos que o vindeiro curso voa anotedes, merece a pena, é una experiencia xenial e moi enriquecedora, xa que podes aprender de todas e todos os que participamos e tamén poden aprender de ti mesmo.

A organización do club de lectura estivo moi ben, este curso só participamos os alumnos/as de 6º durante os recreos dos luns e dos xoves, grazas ao traballo voluntario das nosas mestras.

 

NON DEIXEDES DE APUNTARVOS PARA O VINDEIRO CURSO!

 

 

 

ROSA ANEIROS VISITA A NOSA ESCOLA

Nesta ocasión tivemos a sorte de recibir a Rosa Aneiros , gañadora do Premio Merlín 2019 de literatura infantil  co seu libro " Xelis o guieiro dás botellas de mar". O alumnado, que xa tiña lido o libro, puido compartir con ela distintos puntos de vista que xurden ca lectura.

Foi unha velada moi interesante na que todos e todas tomamos conciencia da necesidade de loitar por un planeta máis limpo.

O "CEIP PADIN TRUITEIRO" INTEGRADO DENTRO DO PLAMBE

 

 Vista a memoria de actividades da biblioteca do noso centro durante o curso 2018/19 e as liñas de actuación presentadas para o curso 2019/20, a Consellería de Educación concedeunos o “Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos”. Para nós foi todo un reto poñer en funcionamento a biblioteca e esperamos que dia a día ,a través das actividades orgnizadas ,sexa un estímulo para a concienciación e sensibilización cultural e social do noso alumnado.

INFANTIL E 1º RECIBIU A IAGO LÓPEZ SANTOS

O venres 12 recibimos a visita do escritor  Iago López Santos co seu conto "O cociñeiro Martiño". Os nenos e nenas xa tiñan lído este divertido libro pero foi un verdadeiro pracer oílo contar da propia voz do escritor. Moitas grazas Iago por facernos pasar unha velada tan maravillosa.

ANIMACIÓN Á LECTURA

 Inauguramos as nosas bibliotecas

 O xoves, 29 e o venres, 30 de novembro celebramos a inauguración das nosas novas bibliotecas (infantil e primaria). Para iso contamos coa presenza de Anxo Moure quen, coma sempre, fixo as delicias de todo o alumnado, dende os máis cativos ata os maiores, incluíndo o profesorado. Aínda que el nos agradeceu o convite e manifestou sentirse moi honrado porque pensaramos nel precisamente para inaugurar as bibliotecas, debemos dicir que o pracer foi todo noso. As súas dotes narrativas, a súa paixón pola lingua e a natureza e o seu engado e xeito tan persoais fixeron que os diversos grupos que foron pasando pola biblioteca gozaran enormemente escoitando as súas historias, rindo, cantando e bailando xuntos.

Dende o Equipo da Biblioteca queremos agradecer todo o esforzo que fixo a dirección do centro para que este proxecto fose posible. Así mesmo, tamén queremos recoñecer o apoio inestimable do concello e dos seus operarios, algún dos cales invertiu moito tempo, mesmo fóra do seu horario laboral, para realizar algúns proxectos, crear mobiliario a medida e axudarnos a rematar todas as obras que se levaron a cabo. E como non, tamén tivemos a inmensa sorte de contar coa nosa Nati que, máis ca unha conserxe, é unha compañeira, traballadora incansable, creativa e sempre disposta a colaborar; ela tamén empregou moito do seu tempo libre traballando para que as nenas e nenos do PadínTruiteiro poidan ter hoxe unha das mellores bibliotecas escolares da contorna.

Moitas grazas a todas e todos!

 

MARTES 27 DE nOVEMBRO

HORARIO: 11:00-12-       1º e 2º

                 12:30-13:30 - 3º e 4º

 

Distribuir contido


by Dr. Radut