Skip to Content

Actividades normalización

MAGOSTO

CELEBRAMOS O MAGOSTO.

O alumnado de 6º de primaria un ano máis colaboran coas mestras Eva e Andrea para facer xogos populares que nos encantan a todos e todas.

Damos as grazas a Nati por preparar unas castañas deliciosas.

Tamén agradecer a ANPA a súa participación agasallando castañas.

Pasamos un día fantástico!!!

 

SAMAÍN 2024

Un ano máis celebramos o Samaín con disfraces terroríficos, decoración espeluznante e contos de medo.

ACTUACIÓNS FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

Chegaron as LETRAS GALEGAS 2024 e un ano máis dende a escola preparamos as nosas actuacións coas nosas mestras e meestres para festexar este día tan importante da nos aterra e da nosa cultura.

Aínda que moitos xa viñestedes á escola a vernos imos deixalas aquí para todos e todas aqueles/as que queiran gozar delas.

VIVAN AS NOSAS LETRAS, TODOS OS DÍAS DO ANO!

Na I parte poderedes ver a Infantil e 1º ciclo de primaria, na II parte o 2º ciclo e na III parte o 3º ciclo

 

 

17 DE MAIO LETRAS GALEGAS 2024

CHEGARON AS LETRAS!

Chegaron as letras, un ano máis dende a escola queremos darlle visibilidade a este día, aínda que, o galego, non é lingua dun día, debe ser a lingua dos 365 días do ano.

Dende a primeira edición do “Día das Letras Galegas” alá polo ano 1963, só se lle adicou este día a seis mulleres, a última este ano: a poeta e violinista Luisa Villalta.

Defensora da nosa lingua e de Galicia, hoxe adicámoslle dende a nosa escola o “Romance da Lingua” ademáis do Festival das Letras que todos os anos celebramos na nosa escola.

Gozade do romance e do festival que colgaremos próximamente.

 

   

"XEADERÍA A CAMELIA" UNHA APOSTA POLA DIVERSIDADE E A INCLUSIÓN

Este ano a nosa proposta para o certame da camelia do Concello de Soutomaior e a presentación da nosa:

“Xeadería A Camelia” unha xeadería que aposta pola diversidade, pola igualdade e pola inclusión real de todas e todos, mascarón de proa da nosa escola.

GRAZAS! Con maiúsculas a todas as familias que nos axudastes aportando as vosas camelias todas diversas, todas diferentes, todas iguais.

O ENTROIDO NA LIÑA DO TEMPO

HOXE CELEBRAMOS O ENTROIDO NO

MANUEL PADÍN TRUITEIRO

Este ano disfrazámonos toda a escola seguindo a liña do tempo que estamos a traballar no noso Proxecto de Centro.

1º Ciclo “A prehistoria”

4ºE.P. “Castrexos”

3º E.P. “Romanos”

5º E.P. “Idade Media”

6º E.P. “Idade Moderna”

E as estrelas da escola, as nenas e nenos de Educación Infantil:

 

"Os terribles Corsarios da Ría de Vigo"

 

Pasámolo xenial, foi un día 10. Grazas a todas e todos!

COLABORAMOS CO COMERCIO LOCAL!

POR UN SOUTOMAIOR INCLUSIVO!

Pensamos que a inclusión ten que ir máis alá da escola, onde a procuramos cada día. Despois de traballar nas aulas co alumnado de 6º que poderiamos facer para que o noso concello fose máis inclusivo decidimos investigar na rede que campañas había noutros lugares de Galicia e España para acadar unha inclusión máis real e efectiva.

Acordamos facer unha campaña parecida á que fixo en Rota a asociación “Aula TGD”

Como dende a asociación transmiten a accesibilidade cognitiva debe prestar información para que poida ser entendida por calquer persoa.

Polo que escomenzamos esta campaña para ir eliminando barreiras, pedímoslle colaboración ao comercio local cunha resposta moi positiva e con moitas ganas de participar ao igual que dende o Concello de Soutomaior.

Escomenzaremos polos comercios para ir logo acercándonos aos edificios públicos como centro de saúde, biblioteca, concello, etc.

Entregamos os pictogramas correspondentes para que os coloquen en lugares visibles dende o exterios e que poidan cumprir así coa  súa función visual a todo o que a necesite. Para poder levala a cabo empregaremos os pictogramas de "ARASAAC"

 

 

O NADAL NO MANUEL PADÍN TRUITEIRO

E chegou o Nadal! Na nosa escola un ano máis quixemos celebralo como se merece. Traballamos arreo neste 1º trimestre e agora tocaba despedilo ao grande e

así o fixemos.

Picade na imaxe para poder ver unha pequena parte dos nosos traballos e da nosa festa.

 

BO NADAL E FELIZ 2024! Vémonos en xaneiro.

 

E CHEGA O SAMAÍN!

E CHEGA O SAMAÍN!

Achégase a noite do 31 de outubro, e dentro da tradición máis enraizada da nosa terra atopamos:

“O SAMAÍN””

O Samaín foi o orixen de todo, significa “fin do verán”, pois os antigos celtas celebraban nese momento a transición ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, nestas datas cóntase que é maís fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín marcaba a chegada do Ano Novo que se dividía en dúas partes: unha oscura e outra clara.

Algunhas persoas cubríanse con peles de animais e máscaras, para despistar aos espíritus, e isto dá lugar ao costume que temos hoxe de disfrazarnos.

 

A tradición do lume conservouse nas aldeas galegas e non hai que esquecer que as poboacións celtas collían as caveiras dos mortos nas batallas e iluminábanas para colocalas nos muros dos castros, de aí o costume das cabazas.

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2023

17 de maio “Día das Letras Galegas” un ano máis celebramos o día das nosas letras cun festival no que participa toda a escola, cantamos, recitamos e interpretamos.

Facémolo con moita ilusión e con moito agarimo para toda a comunidade educativa.

Gozade das actuacións.  Desexando que o pasedes tan ben véndoas como o pasamos nós ensaiando e interpretando.

Mil apertas de cores para todas e todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut