Skip to Content

4º Curso

VISITAS AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

 Empezamos as visitas didácticas ao Castelo de Soutomaior. Durante este curso todo o alumnado visitará este espazo museístico que amosa, de maneira entretida e didáctica, información da súa historia e dos personaxes ilustres que o habitaron.

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º AO TEATRO EN PONTEVEDRA

O alumnado de 4º curso asistiu en Pontevedra á obra "Bon Appetit", a cargo do teatro dos Ghazafelhos. Comedia en clave de clown onde tres chefs, en medio de divertidas aventuras que lle suceden cociñando, amosan os segredos da cociña galega, 

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE 4º CURSO A PONTEVEDRA

O dia 20 de Novembro o alumnado de 4º curso realizou unha saída padagóxica a Pontevedra para asistir ao auditorio na sede Afundación para ver o espectáculo "El planeta de los instrumentos insólitos"

Divertido concerto didáctico da man de Diego Galaz e Jorge Arribas. Un maravilloso viaxe pola música popular española usando instrumentos increíbles como o violín trompeta,a serra musical a ala de buitre, a silla frauta...

 Despois foron ata o museo de Pontevedra, non sin antes repoñer forzas cunha boa merenda. Alí participaron nun xogo de búsqueda e observación onde os nenos e as nenas profundizaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut