Benqueridas familias:
Informámosvos de que está ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso escolar 2024/2025.
O prazo vai dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024
ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria. Pincha nas imaxes e poderás ler as instruccións e acceder aos formularios.
Forma de presentación de solicitudes:
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica.
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
♦ Documentación complementaria:
- Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
Tes a información e os formularios nos seguintes enlaces:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html