Skip to Content

DÚAS ILLAS MIL HISTORIAS

Escomenzamos curso e con el PROXECTO. Un ano máis dende a biblioteca do noso centro imos dar saída a unha nova aventura de investigación e coñecemento.

Temos que seguir explorando o noso entorno próximo. Coñecemos o noso Castelo, algo tan cercano e descoñecido nun 1º momento. Cantas historias descubrimos de cabaleiros, de mulleres valentes,lendas ...

Tiñamos ao carón da escola unha xoia medieval á que lle soubemos chegar ata o corazón para darnos o mellor de si.

E agora toca coñecer a historia da ”Ría de Vigo" e sobre todo de dúas illas que se atopan na Enseada de San Simón e que viron pasar ante elas a historia máis fermosa e tamén a máis triste.

O noso proxecto é:

 

INICIAMOS A AVENTURA! J



blog | by Dr. Radut