O paso seguinte dentro do noso PDI de Centro era coñecer "in situ" a nosa Enseada.
Polo que todos os cursos da nosa escola preparamos a saída ao peirao de Arcade.
Baixamos por niveis e coñecemos os tesouros que gardan as nosas augas. Pasámolo de medo!
1º traballamos na aula coas nosas unidades de investigación.
2º baixamos ao peirao a experimentar cos nosos cadernos de campo e poder ver, tocar e coñecer todo o que prepararamos antes na escola.
No seguinte video podedes ver uns retalliños das nosas saídas, só é unha pequena mostra dun gran día para cada un de nós.
Picade na imaxe e gozade da nosa produción, desexamos que vos guste e que poidades apreciar un pouquiño todo o que aprendemos.
Estes son os cadernos de campo que preparamos para esta saída ao peirao, unha experiencia chulísima!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CADERNO DE CAMPO 1º NIVEL.pdf | 1.98 MB |
CADENO DE CAMPO 2º NIVEL.pdf | 1.86 MB |
CADERNO DE CAMPO INFANTIL 1.pdf | 1.32 MB |
CADERNO DE CAMPO 5º E 6º E.P..pdf | 1.46 MB |