INICIAMOS A AVENTURA
Chegou o día, xa temos título e proxecto, polo que escomenzamos a aventura, a viaxe á
ENSEADA DE SAN SIMÓN
Non podemos esperar máis, que nos deparará?
Chegamos ás aulas e alí estaban nas nosas mesas os "Cadernos do mar de adentro" nesta tarefa ímosnos convertir en biólogas/os, xeógrafas/os, científicas e científicos... da natureza.
1º traballaremos na biblioteca, nas aulas, nos corredores ou onde se preste, co noso caderno.
“AUGAS DE BRILLANTES TESOUROS”
Nel descubriremos novos coñecementos de Sociais, Galego, Naturais, Matemáticas en relación á Enseada de San Simón.
Realizarémolo por equipos de traballo colaborativo, polo que, cada equipo disporá do seu caderno de traballo.
Esta será a actividade previa á saída ao peirao. Preparadas e preparados para escomenzar?
Toca traballar xuntas e xuntos :-) Que escomence a INVESTIGACIÓN...
Aquí deixamos os cadernos para cada ciclo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
O noso caderno do mar de adentro 2º ciclo E. Primaria.pdf | 1.12 MB |
O noso caderno do mar de adentro 3º ciclo E. Primaria.pdf | 2.01 MB |
O noso caderno do mar de adentro 1º ciclo.pdf | 1.28 MB |