Un ano máis na nosa escola tivemos "O Magosto", non podiamos deixar de celebralo. É unha das festas que máis nos gusta e este ano fixémola por cursos, xa que aínda non podemos mesturarnos, xogos populares, que nos prepararon as mestras de Educación Física cos seus magníficos axudantes, as nenas e nenos de 6º de E. Primaria. Resultou ser unha xornada marabillosa á que puxemos punto final degustando as castañas que nos asou Nati. Estaban boísimas! Deixámosvos aquí unha pequena mostra do día.
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!
Música: "TRES CASTAÑAS POLO CHAN" de Susa Herrera e "CHEGOU MAGOSTO" de Jesús Pareja.