Un ano más, e xa van trece, a nosa escola leva a cabo a plantación de árbores nos nosos montes grazas a imprescindible colaboración da Asociación de Montes de Arcade de Arriba, o Concello de Soutomaior e Monte Vivo. Esta interesantísima actividade, na que participou o alumnado de 6º curso a iniciativa do mestre Quico e coa inestimable colaboración de Luís do Concello, que sempre está para o que necesitemos, ten como obxectivo a concienciación ecolóxica nos escolares e o coidado e posta en valor do noso patrimonio natural.
Foi unha xornada na que da man dos axentes forestais de Monte Vivo, os nenos e nenas puideron observar o desastre natural que provocan os incendios e a importancia de coidar os nosos bosques . Tivo lugar un simulacro de incendio onde puideron ver a actuación das brigadas e practicaron co batelumes e ca mangueira.
Dámoslle as grazas, un ano máis, a Asociación de Montes de Arcade de Arriba , ao Concello de Soutomaior, a Luis do Concello e aos axentes forestais José Antonio, Norberto e Ricardo por transmitirnos ilusión, amor e respecto pola natureza.
MMMMM