Skip to Content

blogue deadmin

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO

As mestras e mestres tamén precisamos formación para poder mellorar, aprender novos recursos e facerlle ao noso alumnado unha aprendizaxe máis didáctica e motivadora.

Aprendemos con Arenaria.

MAQUETAS LISTAS

AS NOSAS MAQUETAS

Na casa e na escola fixemos unas maquetas incríbles da Enseada de San Simón, na realización das mesmas axudaron as familias, con elas puidemos realizar as nosas exposicións.

Desexamos que vos gusten e xa sabedes que podedes vir á escola a gozar delas, formarán parte da musealización do proxecto.

Preme na imaxe para ver a presentación das maquetas e o video explicativo.

                              

 

 

AS MULLERES DA ENSEADA DE SAN SIMÓN 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER queremos rendirlle unha homenaxe a todas as

mulleres que traballaron, que traballan e que nun futuro traballarán o mar, mulleres valentes e

loitadoras, mulleres que lle dan VIDA.

Grazas a todas!

 

Para ver a entrevista preme no seguinte enlace:

AS NOSAS MULLERES DO MAR DE ADENTRO. A ENSEADA DE SAN SIMÓN

https://youtu.be/y3M_LpMdPHE

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2023

Antifaces feitos polos nenos e nenas do Manuel Padín Truiteiro para o concurso feito pola ANPA; pola festa do Entroido 2023

 Pica na imaxe para ver o vídeo.

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NESTE 2023

ENTROIDO 2023 TODA UNHA FESTA

POR FIN! Chegou o ENTROIDO, a festa das festas e este ano imos celebralo dun xeito moi especial.

Volvemos desfilar polas rúas de Arcade!

Dentro do noso proxecto de centro, no que estamos a traballar a Enseada de San Simón como espazo natural único; imos adicarlle ao mundo do mar esta festa.

Representaremos cos nosos disfraces parte da fauna que nela vive para pór en valor a súa importancia e o imprescindible que é para a nosa zona.

Medio de vida para moitas persoas, non esquezades que a temos que coidar e respectar, pero sobre todo QUERELA!

DELETREANDO A PAZ

Chegou o “DÍA DA PAZ”

e este ano decidimos deletreala,

e a través do abecedario creamos un libro da PAZ,

cheo de palabras bonitas que nos axuden a ver que outro mundo é posíbel se cremos nel.

Pica na imaxe para poder velo, desexamos que che guste! 

AS NOSAS PESCUDAS SOBRE A ENSEADA DE SAN SIMÓN!

O alumnado de 5º xunto co seu mestre e a súa mestra, elaboraron na biblioteca do centro, na propia aula e na aula de informática e por equipos de traballo colaborativo un slide-share para logo realizar na biblioteca as diferentes exposición aos compañeiros e compañeiras de 6º e 4º.

Desexando que vos gusten e que poidades gozar dela.

 

 

Slide-share: https://www.slideshare.net/bcseoane/o-noso-mar-de-adentropptx 

 

SAÍMOS AO ENTORNO! FACEMOS A RUTA "PASEO MARÍTIMO DE ARCADE"

O paso seguinte dentro do noso PDI de Centro era coñecer "in situ" a nosa Enseada.

Polo que todos os cursos da nosa escola preparamos a saída ao peirao de Arcade. 

 

Baixamos por niveis e coñecemos os tesouros que gardan as nosas augas. Pasámolo de medo!

 

1º traballamos na aula coas nosas unidades de investigación.

2º baixamos ao peirao a experimentar cos nosos cadernos de campo e poder ver, tocar e coñecer todo o que prepararamos antes na escola.

 

No seguinte video podedes ver uns retalliños das nosas saídas, só é unha pequena mostra dun gran día para cada un de nós.

Picade na imaxe e gozade da nosa produción, desexamos que vos guste e que poidades apreciar un pouquiño todo o que aprendemos.

 

 

Estes son os cadernos de campo que preparamos para esta saída ao peirao, unha experiencia chulísima!

 

AMBIENTAMOS A ESCOLA!

DECORAMOS OS CORREDORES

Distribuir contido


by Dr. Radut