Rematamos proxecto! Este curso emprendemos a aventura co proxecto
“Augas de brillantes tesouros”
Realizamos moitas actividades para coñecer mellor o noso entorno máis próximo, compartillámolas con todas e todos vós a través da web, Instagram, e de actividades feitas na escola.
O noso concello ofrécenos un contorno próximo cheo de riquezas culturais, artísticas e naturais.
Decidimos adentrarnos na Enseada de San Simón poñendoa así en valor, como obxectivo principal fixamos o seguinte criterio de avaliación: Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do medio natural, a través de propostas e acción que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade.
Ademais, traballamos numerosos contidos do currículo, presentes de forma explícita en cada un dos ciclos. Quedaron fixados na Concreción Curricular do PDI.
Centrámonos tamén nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que estarían presentes en todo o proceso xa que debemos protexer e por en valor a vida dos mares e das nosas rías (Obxectivo 14) Ademais de coñecer a vida no medio acuático, fixemos un achegamento á xeografía, ás profesións, ao coidado e mantemento dos ecosistemas mariños, a flora e a fauna, as dinámicas e correntes mariñas, etc.
Durante todo o curso houbo proxectos, plans de traballo, tarefas, talleres, etc centradas na Enseada de San Simón e nas súas augas.
Traballamos con proxectos, unidades ou situación de aprendizaxe baseadas na investigación e no coñecemento.
No 3º trimestre preparamos a exposición final que está aberta para toda a comunidade educativa.
O que buscamos en todo momento foi que o alumnado aprendese a empregar estratexias de procura, tratamento, organización e presentación da información, fomentando o pensamento crítico.
Deixámosvos o enlace a todo o traballo feito neste curso, gozade del tanto como gozamos nós investigando, aprendendo e preparando todo.
Pica na imaxe e poderás ver todos os nosos traballos.
FELIZ VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!