Skip to Content

Complementarias

A NOSA ESCOLA APÚNTASE Á COMPOSTAXE

 O mércores 24 o alumnado de 5º e 6º curso asistiu a unha charla coloquio de iniciación á compostaxe a cargo do profesor Antón Lois, pertenecente ao Departamento de Educación "Revitaliza" da Deputación de Pontevedra.O programa continuará ca posta en marcha dun composteiro para o noso cole o día 3 de Maio. Os días 13 e 15 de Maio teremos unha sesión de laboratorio para identificar os invertebrados presentes no composteiro e coñecer a súa función no proceso.

 <div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5cdd723054bdc10f6b0bcac9" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5cdd723054bdc10f6b0bcac9" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

INFANTIL E 1º RECIBIU A IAGO LÓPEZ SANTOS

O venres 12 recibimos a visita do escritor  Iago López Santos co seu conto "O cociñeiro Martiño". Os nenos e nenas xa tiñan lído este divertido libro pero foi un verdadeiro pracer oílo contar da propia voz do escritor. Moitas grazas Iago por facernos pasar unha velada tan maravillosa.

O ALUMNADO DO NOSO CENTRO NO FESTIVAL "SOUTOPEQUENO"

Todo o alumnado do noso centro asistiu hoxe a un pase especial do "SOUTOPEQUENO: I Festival de cine e música infantil" que organiza o concello de Soutomaior durante esta fin de semana. O espectáculo é una deliciosa proposta de fusión de cine e música onde os cativos poideron disfrutar dalgunhas das melodías clásicas e imprescindibles do cine. Tamén poideron visionar catro curtas de animación sleccionadas polo seu valor estético e formativo. 

MAIS INFO

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º AO TEATRO EN PONTEVEDRA

O alumnado de 4º curso asistiu en Pontevedra á obra "Bon Appetit", a cargo do teatro dos Ghazafelhos. Comedia en clave de clown onde tres chefs, en medio de divertidas aventuras que lle suceden cociñando, amosan os segredos da cociña galega, 

CONCIENCIÁMONOS CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O venres 15 o alumnado de 6º curso levou a cabo unha plantación de árbores no Monte de Salgueirón e na Xunqueira de Arcade. Como cada ano dende 2006, tomamos conciencia e poñemos o noso grao de area para que os montes estean cada día máis coidados. O noso agradecemento ao profesorado, a Luis, empregado do Concello, e xa parte do noso centro e á Asociación de Montes de Mancomún da Devesa, pois sin a súa colaboración non sería posible esta actividade educativa.

 GALERÍA DE IMAXES

VER VÍDEO DIDÁCTICO

ACERCANDO A CIENCIA Á NOSA ESCOLA

 

O alumnado de 2º curso asistiu a unha charla impartida por Ana Paula Rodiño Miguez doutora en Bioloxía do CSIC e investigadora na Misión Biolóxica de Galicia (MBG). A través da súa experiencia,os cativos poideron percibir o seu amor pola ciencia. Os nenos e nenas amosaron unha grande curiosidade facéndolle unha morea de preguntas que deixaban entrever o seu imterese pola investigación científica. 

CELEBRAMOS O ANTROIDO

NA PROCURA DO LARDEIRO

Nestas datas, con permiso dos nativos en Vilariño de  Couso (Ourense), reinventamos a figura do Lardeiro, boneco típico do antroido desa zona. O xogo consistiu na agachada por parte das nenas dos seus lardeiros para logo ser atopados polos nenos. Despois os nenos agacharon os seus e as nenas saíron na súa procura .Nalgúns lugares a cousa remata nunha loita amistosa entre os dous sexos esnaquizando os bonecos, pero  en vista das  maravillas feitas polos nenos-as, axudados pola súas familias, este ano foron indultados.

Despois,non sin antes degustar os productos típicos do antroido, houbo un maravilloso desfile de desfraces e... FESTA RACHADA!!!

VER GALERÍA DE IMAXES

VÍDEO

VISITA DE 1º CURSO AOS BOMBEIROS E AO TEATRO

O alumnado de 1º curso realizou unha saída pedagóxica aos bombeiros de Pontevedra que con moito agarimo lles ensinaron aspectos moi interesantes da súa profesión.

De seguido, e non sin antes tomarse unha boa merenda, asistiron a un espectáculo musical a cargo da Mamá Cabra titulado "Eu cociño, ti cociñas" que ten  como obxectivo, amáis de entreter e divertir,  propiciar uns bos hábitos alimenticios nos cativos.

VIDEO

CHARLA SOBRE AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Dentro do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", o alumnado de 5º e 6º recibiu unha charla impartida por persoal especializado da garda civil na que se puxeron de manifesto os perigos que conleva un uso inadecuado de internet e das redes sociais.

EDUCANDO EN VALORES "A CATRO PATAS"

Ao longo deste mes tivemos a sorte de ser visitados por uns maravillosos amigos de catro patas que fixeron as delicias dos nenos-as. Grazas a organización YARACAN e por iniciativa do concello de Soutomaior poidemos comprobar a boa sintonía que se pode acadar con estes seres que nos transmiten valores como a empatía, a solidariedade o traballo en equipo , a amizade...

 

VER VÍDEO

Distribuir contido


by Dr. Radut