Skip to Content

blogue deadmin

A IDADE ANTIGA, IDADE MEDIA, IDADE MODERNA E CONTEMPORÁNEA

 

"VOLVER SOBRE OS NOSOS PASOS BUSCANDO A ORIXE E OBSERVAR A EVOLUCIÓN DA NOSA SOCIEDADE, RESULTA UNHA VIAXE ENRIQUECEDORA PARA ENTENDER MELLOR O PRESENTE"

Subide á nosa máquina do tempo que escomenza a viaxe, poñemos rumbo á:

 

        

  

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

NA NOSA ESCOLA

Se queres coñecer a nosa escola, vén a visitarnos nas

"Xornadas de portas abertas"

Serán o 20 e 27 de febreiro e o 

5 e  12 de marzo

ás 17:00 horas

Pide cita no 986 70 00 49

ou a través do noso correo

ceip.manuelpadin.truiteiro@edu.xunta.gal

ADMISIÓN E RESERVA CURSO 2024 - 2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024- 2025

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025. 

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo.                                                              
  • As solitudes poden presentarse:

A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.

En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.

No centro. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo no cole xunto coa documentación que se indica a seguir.

COLABORAMOS CO COMERCIO LOCAL!

POR UN SOUTOMAIOR INCLUSIVO!

Pensamos que a inclusión ten que ir máis alá da escola, onde a procuramos cada día. Despois de traballar nas aulas co alumnado de 6º que poderiamos facer para que o noso concello fose máis inclusivo decidimos investigar na rede que campañas había noutros lugares de Galicia e España para acadar unha inclusión máis real e efectiva.

Acordamos facer unha campaña parecida á que fixo en Rota a asociación “Aula TGD”

Como dende a asociación transmiten a accesibilidade cognitiva debe prestar información para que poida ser entendida por calquer persoa.

Polo que escomenzamos esta campaña para ir eliminando barreiras, pedímoslle colaboración ao comercio local cunha resposta moi positiva e con moitas ganas de participar ao igual que dende o Concello de Soutomaior.

Escomenzaremos polos comercios para ir logo acercándonos aos edificios públicos como centro de saúde, biblioteca, concello, etc.

Entregamos os pictogramas correspondentes para que os coloquen en lugares visibles dende o exterios e que poidan cumprir así coa  súa función visual a todo o que a necesite. Para poder levala a cabo empregaremos os pictogramas de "ARASAAC"

 

 

A PREHISTORIA NO NOSO ENTORNO MÁIS PRÓXIMO

A PREHISTORIA NO NOSO ENTORNO

Como bos investigadores/as viaxaremos no tempo ata hai máis de 4000000 de anos para coñecer como vivían os primeiros humanos da Enseada de San Simón. 

Coñeceremos todas as pegadas que deixaron no noso entorno: arte, lingua, restos arqueolóxicos, etc.


COÑECEMOS A FRANCIS DRAKE

FRANCIS DRAKE, CORSARIO OU PIRATA?

A historia sempre ten dúas versión e con Francis Drake non podía ser menos. Pirata sen escrúpulos para as autoridades españolas xa que non deixaba de asaltar as neves españolas que viñan de América cargadas de tesouros. Para os ingleses foi un héroe e corsario valente.

Foi o 1º navegante inglés que circunnavegou o globo, tivo un papel decisivo na derrota da Armada Invencible.

A raiña Isabel I suministráballe barcos e cartos, foi un xenio militar nunha época de grandes navegantes.

Se queres saber cantas veces estivo na Ría de Vigo e o que aquí fixo pica na imaxe e descubre unha historia apaixoante!

CORA CONVIDA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS

Chegou a hora do conto!

As nenas e nenos de 6º escribiron un conto para todas e todos vós, un conto cheíño de piratas e corsarios, dependendo do lado da historia que o contemples.

Os pequenos e pequenas gozaron moito con el e aquí vos deixamos unha pequena mostra da sesión de contacontos.

 

 

Tamén vos deixamos o conto para que poidades lelo, escoitalo e imaxinar a nosa Ría cando Drake navegaba nela, deixade voar o voso maxín...

 E como non en pictos

O NADAL NO MANUEL PADÍN TRUITEIRO

E chegou o Nadal! Na nosa escola un ano máis quixemos celebralo como se merece. Traballamos arreo neste 1º trimestre e agora tocaba despedilo ao grande e

así o fixemos.

Picade na imaxe para poder ver unha pequena parte dos nosos traballos e da nosa festa.

 

BO NADAL E FELIZ 2024! Vémonos en xaneiro.

 

VIAXAMOS NA MÁQUINA DO TEMPO

 PICA NA IMAXE PARA PODER VER A PRESENTACIÓN FEITA POLAS NENAS E POLOS NENOS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

CORA CONVÍDANOS A VIAXAR NO TEMPO

Cora fíxonos chegar por sorpresa o seu convite para asistir ao 1º programa de TV que se celebrará no salón de actos. Toda unha sorpresa cando vimos entrar a súa carta por debaixo da porta, dicía así:

Benqueridas nenas e nenos:

Fágovos chegar o convite para o gran día, o día do estreno, no que vos imos mostrar todo o que podemos investigar, aprender, coñecer e transmitir sobre a historia da Ría de Vigo e das súas illas máis coñecidas para todas e todos nós.

Polo que, queremos convidarvos á representación teatral que realizaremos o

XOVES 16 DE NOVEMBRO ás 13:20

Cora, e as nenas/os de 5º e 6º

                

Distribuir contido


by Dr. Radut