Skip to Content

Actividades normalización

ENTROIDO 2021

eSe

 VER O ENTROIDO NAS AULAS 

Este curso non poidemos celebrar o Entroido como a nós nos gustaría, pero, non importa, sempre buscamos o lado positivo das cousas.

Non puidemos facer "FESTA", mais si o celebramos nas nosas aulas, investigando, aprendendo, aportando, cooperando e como non disfrazándonos.Viva o ENTROIDO! 

Deixámosvos un video co noso traballo de investigación. Un ronsel de flores, orellas e filloas para todas e todos.

 

Preme na imaxe para ver o video e verás que bonito.

  

 

 

 

DÍA DA PAZ 2021

NADAL 2020

CELEBRAMOS O MAGOSTO

VENRES 13, COMO NON? CELEBRAMOS O MAGOSTO, UNHA FESTA DIFERENTE, PERO AO FIN UNHA FESTA. TOD@S GOZAMOS DA MAÑÁ COS XOGOS PREPARADOS POL@S MESTR@S DE EDUCACIÓN FÍSICA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 

AO REMATE DOS XOGOS TIÑAMOS UNHAS RICAS CASTAÑAS ASADAS, MOI BEN ASADIÑAS POLA NOSA COMPAÑEIRA NATI E  POR LUÍS. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS DOUS!

MOITAS GRAZAS POLAS CASTAÑAS A ANPA DA NOSA ESCOLA, XA QUE  ESTAS  FORON UN AGASALLO POR PARTE DELES/AS PARA TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA. 

MANTENDO SEMPRE O PROTOCOLO DA COVID: MÁSCARAS POSTAS, DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE GRUPOS DE CONVIVENCIA ESTABLE, CADA GRUPO CLASE NO SEU ESPAZO E DESINFECCIÓN DE MANS E XOGOS.

ESTE ANO TOCOU FACELO SEPARADOS FISICAMENTE PERO XUNT@S DE PENSAMENTO E DE CORAZÓN.

A FESTA FOI UN ÉXITO GRAZAS A TOD@S @S MESTR@S E A TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA!

 

          

  MÚSICA:

Tres castañas polo chan cantada por Susa Herrera. Magosto 2012, A. Fernández. Canción do Magosto do libro 13 Lúas. Gústanme as castañas, canción galega.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

PARA VER AS ACTIVIDADES PREME NOS SEGUINTES ENLACES

PARA FACER CONTOS DE MEDO

DISFRAZÁMONOS

CONTAMOS UN CONTO DE MEDO

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

REGUEIFANDO CON LUIS "O CARUNCHO" E PINTO DE HERBÓN

 

O mércores 5 tivo lugar no noso centro un obradoiro de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, extraordinario dúo de regueifeiros que nos transmitiron a súa paixón e bo facer na creación destes desafíos improvisados de caracter oral en verso, que teñen certa similitude co rap actual. Como podedes ver no vídeo, as súas improvisacións fixéronos rir un montón e o alumnado, ao rematar o obradoiro, poido interpretar as súas propias creacións. As regueifas amosan ser un interesante recurso para achegar a creación literaria, a poesía e a tradición oral aos cativos. Moitas grazas a Luís e a Pinto por facernos pasar uns intres tan divertidos.

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Felicitacións feitas por Ariana e Dafne,alumnas de 6º curso da nosa escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut