Skip to Content

Actividades normalización

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Todos os 30 de xaneiro celebramos dende a nosa escola o

“Día da PAZ e NON VIOLENCIA”

Este 30 de xaneiro toda a escola buscou "Curas para a PAZ" dende 4º de Infantil ata 6º de E. Primaria, estivemos buscando remedios que curen todo o dano que se está causando.

E que estas curas fagan de todas e todos nós MELLORES PERSOAS. Nas escolas ademais de ensinar debemos tentar facer persoas críticas, sensatas e sobre todo BOAS.

Xa que son tempos convulsos os que percorren o mundo hoxe en día, vivimos nun esceario de confrontacións bélicas entre nacións, o terrorismo asolando rexións do mundo, actitudes supremacistas, totalitarismos, autoritarismos, control opresivo da sociedade, etc.

Atopámonos nun mundo distópico …  Por todo isto, debemos educar nos valores.

A liberdade, a igualdade, a fraternidade deben ser o pan de cada día.

Debemos cultivar os valores educativos: da empatía, o respecto, a solidaridade, o agarimo, o amor, o traballarmos en grupo, o saber escoitar, ser tolerantes co diferente, rexeitar a mentira, a violencia tanto física como de palabra…

Tentaremos que sexa posíbel curar o mundo cos nosos remedios.

Podedes escoitar o programa de radio que fixemos para este día, clicando no apartado da nosa web "Radio Negueirós" ou no enlace: https://www.ivoox.com/dia-da-paz-e-da-non-violencia-audios-mp3_rf_81844154_1.html 

 

PARABÉNS AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA.

PARABÉNS! Para todas/os as nenas e nenos e todo o profesorado polo seu traballo na iniciativa

“PRIMAVERA DAS LETRAS”

Dende a REAL ACADEMIA GALEGA outórgannos un diploma en recoñecemento polo noso traballo en prol do recordó da vida e obra de XELA ARIAS.

FESTEXAMOS O NADAL CO COMERCIO LOCAL.

UN ANO MÁIS DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, VOLVEMOS COLABORAR CO COMERCIO LOCAL PARA FELICITAR O NADAL EN GALEGO, DECORANDO ESCAPARATES DALGÚNS COMERCIOS DE ARCADE. MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS E BO NADAL!

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Un ano máis na nosa escola tivemos "O Magosto", non podiamos deixar de celebralo. É unha das festas que máis nos gusta e este ano fixémola por cursos, xa que aínda non podemos mesturarnos, xogos populares, que nos prepararon as mestras de Educación Física cos seus magníficos axudantes, as nenas e nenos de 6º de E. Primaria. Resultou ser unha xornada marabillosa á que puxemos punto final degustando as castañas que nos asou Nati. Estaban boísimas! Deixámosvos aquí unha pequena mostra do día.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE! 

 

Música: "TRES CASTAÑAS POLO CHAN" de Susa Herrera e "CHEGOU MAGOSTO" de Jesús Pareja.

E CHEGOU "O SAMAÍN"

LETRAS GALEGAS 2021

 
 
 
 
 Día 17 de maio, día das nosas letras, un ano máis dende a nosa escola dámos visibilidade e facemos a nosa humilde homenaxe ao autor/a á que se lle adica este ano.

Falamos de XELA ARIAS CASTAÑO, a importancia de ser muller xa que só 5 mulleres dende o ano 63 tiveron a honra de recibir este agasallo do plenario da RAG.

Compartillamos con vós os traballos feitos polo alumnado e o profesorado para conmemorar esta data. Desexamos que vos gusten xa que foron feitos con todo o agarimo do mundo.

 
 

 

RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO.

Un ano máis lembrámonos da nosa poetisa por excelencia "ROSALÍA DE CASTRO" cun recital de poemas da súa autoría. Desexamos que sexan do voso agrado. Unha aperta rosaliana para todas e todos.

 

DÍA DA MULLER

8 de marzo, "Día da Muller".

Este ano co gallo do día da muller decidimos achegarnos as mulleres da Idade Media para afondar así un pouco máis dentro desa etapa histórica que estamos a traballar dende o noso proxecto de Centro: "Viaxe a Idade Media"

Pareceunos apaixoante coñecer o papel da muller galega nesa etapa histórica, unha etapa na que o papel das mulleres sempre estaba oculto e explicado en chave masculina, por iso decidimos visualizalo.

Escomenzamos os nosos proxecto de investigación:

1º Que sabemos? Poñémolo en común e sacamos as primeiras conclusións.

2º Investigamos, buscamos información.

3ª Organizámola e seleccionámola.

4º Montámola.

E aquí vos deixamos dúas mostras do resultado das nosas investigacións.

                                                                  

                                                                                

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut