Skip to Content

blogue deadmin

DENDE A NOSA ESCOLA DICIMOS: "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO."

d

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Un ano máis na nosa escola tivemos "O Magosto", non podiamos deixar de celebralo. É unha das festas que máis nos gusta e este ano fixémola por cursos, xa que aínda non podemos mesturarnos, xogos populares, que nos prepararon as mestras de Educación Física cos seus magníficos axudantes, as nenas e nenos de 6º de E. Primaria. Resultou ser unha xornada marabillosa á que puxemos punto final degustando as castañas que nos asou Nati. Estaban boísimas! Deixámosvos aquí unha pequena mostra do día.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE! 

 

Música: "TRES CASTAÑAS POLO CHAN" de Susa Herrera e "CHEGOU MAGOSTO" de Jesús Pareja.

Atención as familias.

Benqueridas familias:

O horario de atención as familias será:

TITORÍAS: MARTES de 17:30 a 18:30.

E CHEGOU "O SAMAÍN"

RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA GAMBIA.

Benqueridas familias; o vindeiro venres 27 de outubro as nenas e nenos de 1º e 2º de Educación primaria realizaremos unha recollida de material escolar para Gambia co fin de colaborar coa ONG " SALUD MISIÓN".

As nenas e nenos de Gambia precisan todo tipo de material escolar tanto novo como aquel que estea en bo estado (lapis, gomas, cores, mochilas, estoxos, libros en inglés,...)

Para iso, precisamos a vosa axuda tanto coa vosa contribución como coa difusión desta información a aquelas amigas e amigos, familiares, veciñas e veciños que desexan aportar o seu gran d earea.

A recollida terá lugar o MÉRCORES 27  no CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO NO SEGUINTE HORARIO:

- DE 9:30 A 11:30 HORAS.

-DE 12:40 A 13:40 HORAS.

BENVIDAS/OS AO CURSO ESCOLAR 2021/2022.

Benvidas e benvidos a este novo curso escolar desexándovos o mellor sempre. Xuntas e xuntos imos acadar a meta. Moito ánimo e escomenzamos a andaina xuntas e xuntos.

TV NEGUEIRÓS. I PARTE "RETAZOS DA NOSA HISTORIA: O CASTELO DE SOUTOMAIOR."

Benqueridos espectadores e espectadoras:

Escomenzamos a emisión de "TV Negueirós" co 1º capítulo da serie documental:


 "Retazos da nosa historia"

Neste 1º episodio imos falarvos da historia do castelo de Soutomaior e das súas partes.

Foi para nós un pracer imenso coñecer a nosa historia máis próxima, tiñamos á beira da porta un dos maiores tesouros da Idade Media:

“O CASTELO DE SOUTOMAIOR”

E a través dun proceso de investigación e traballando sempre en equipo, acadamos o obxectivo. Coñecer un pouco mellor parte da nosa historia.

Lembrando sempre que xuntas e xuntos facemos as cousas mellor.

Desexamos que vos guste este 1º programa. Grazas pola vosa atención. Vémonos en vindeiros programas.

“RADIO TELEVISIÓN NEGUEIRÓS

 

AS EMISORAS QUE FALAN COMA NÓS”

 

" A REVOLTA IRMANDIÑA"

"DON PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR"

"A IDADE MEDIA E O FEUDALISMO"

Distribuir contido


by Dr. Radut