Este curso escomenzou na nosa escola a súa andaina o “CLUB DE LECTURA” organizado dende a Biblioteca Escolar.
Foi una experiencia fantástica, encantoume compartillar coas miñas compañeiras e compañeiros a experiencia da lectura e a posta en común de cada capítulo, onde espuxemos os nosos puntos de vista e as nosas opinións.
Esta experiencia servíunos para aprender que pensamos diferente e que una mesma lectura pode abrirnos diferentes visións, cada quen viaxa no libro como máis lle gusta.
O 1º libro que lemos foi “Avións de papel” de Xabier Estévez. Ilustrado por Marcos Viso.
Xabier Estévez víu ao cole a contarnos a súa experiencia como escritor, o que lle inspirou a escribir este libro tan emotivo, ademais de contarnos anécdotas moi fermosas das súas vivencias de neno.
Ao finalizar a charla fixémoslle una entrevista para a nosa canle de TV, podedes vela na nosa web, non ten desperdicio, podedes vela no seguinte enlace. Picade na imaxe.
Xa no 2º trimestre lemos poesía, un libro de Fran Alonso “Cidades” ao seu remate fixemos os nosos propios poemas e caligramas, quedáronnos moi chulos.
Lemos tamén banda deseñada e para rematar o curso lemos un libro de misterio que nos encantou a todas e todos:
“SherlocK Holmes, un estudo en escarlata”
É un libro cheo de intriga pero á vez divertido, non queres parar de ler, a nosa opinión foi unánime en canto a este libro: encantounos!
Como recomendación todas e todos as nenas e nenos que participamos do club de lectura recomendámosvos que o vindeiro curso voa anotedes, merece a pena, é una experiencia xenial e moi enriquecedora, xa que podes aprender de todas e todos os que participamos e tamén poden aprender de ti mesmo.
A organización do club de lectura estivo moi ben, este curso só participamos os alumnos/as de 6º durante os recreos dos luns e dos xoves, grazas ao traballo voluntario das nosas mestras.
NON DEIXEDES DE APUNTARVOS PARA O VINDEIRO CURSO!