Skip to Content

Complementarias

SEMANA DA DIVERSIDADE FAMILIAR

 A semana na que se pechou a escola pola pandemia debida ao coronavirus celebramos a “semana pola diversidade familiar” cunha serie de actividades organizadas dende o departamento de orientación e que quedaron parcialmente suspendidas debido aos acontecementos. O obxectivo desta celebración é ofrecer ao conxunto da comunidade escolar unha ferramenta máis de tolerancia baseada no respecto e na diversidade como un elemento de aprendizaxe,de enriquecemento e de crecemento persoal.

8 DE MARZO DIA DA MULLER

MÚSICA : "MATRIARCAS" de Guadi Galego

ROSA ANEIROS VISITA A NOSA ESCOLA

Nesta ocasión tivemos a sorte de recibir a Rosa Aneiros , gañadora do Premio Merlín 2019 de literatura infantil  co seu libro " Xelis o guieiro dás botellas de mar". O alumnado, que xa tiña lido o libro, puido compartir con ela distintos puntos de vista que xurden ca lectura.

Foi unha velada moi interesante na que todos e todas tomamos conciencia da necesidade de loitar por un planeta máis limpo.

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O alumnado de 5º e 6º curso asistirá ao longo deste mes  a un obradoito de robótica impulsado pola Consellería de Educación dentro do Programa de Ciencia e Tecnoloxía e grazas a colaboración da OMIX.

A robótica educativa ten como obxectivo a iniciación  na experiencia da programación básica. É unha forma de promocionar o ensino da ciencia e da tecnología e promover a colaboración entre o alumnado. 

Moitas grazas a Sonia e aos profes que impartiron este taller tan interesante e divertido.

13 ANOS DEIXANDO UNHA PEGADA VERDE NOS NOSOS MONTES

 

Un ano más, e xa van trece, a nosa escola leva a cabo a plantación de árbores nos nosos montes grazas a imprescindible colaboración da Asociación de Montes de Arcade de Arriba, o Concello de Soutomaior e Monte Vivo. Esta interesantísima actividade, na que participou o alumnado de 6º curso a iniciativa do mestre Quico e coa inestimable colaboración de Luís do Concello, que sempre está para o que necesitemos, ten como obxectivo a concienciación ecolóxica nos escolares e o coidado e posta en valor do noso patrimonio natural.

Foi unha xornada na que da man dos axentes forestais de Monte Vivo, os nenos e nenas puideron observar o desastre natural que provocan os incendios e a importancia de coidar os nosos bosques . Tivo lugar un simulacro de incendio onde puideron ver a actuación das brigadas e practicaron co batelumes e ca mangueira.

Dámoslle as grazas, un ano máis, a Asociación de Montes de Arcade de Arriba , ao Concello de Soutomaior, a Luis do Concello e aos axentes forestais José Antonio, Norberto e Ricardo por transmitirnos ilusión, amor e respecto pola natureza.

  MMMMM

CELEBRAMOS O ENTROIDO MEDIEVAL

 

O ALEMANOTE

Todos os anos a Fada de Negueirós é a que nos prepara para a celebración do Antroido. Este ano  será o Alemanote  quen nos vai ir indicando o que traeremos cada día ata o venres  que celebraremos un Antroido Medieval cheo de cabaleiros, bufóns, campesiños, damas e todos os personaxes do Medievo. PREPÁRATE  PARA O GRAN ANTROIDO MEDIEVAL!!!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL "A CATRO PATAS"

Un ano máis recibimos a visita da asociación Yaracán que cos seus cans fan intervencións asistidas que melloran o funcionamento cognitivo, físico, social e emocional das persoas. Nesta sesión o alumnado poido disfrutar e coñecer a nobreza e agarimo que poden dar estes animais e o respecto que todos lles debemos.

CHARLA DE CONCIENCIACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA

 O alumnado de 5º e 6º curso asistiu a unha interesantísima charla de concienciación e formación cívico tributaria a cargo de Rebeca Calviño Melón, axente da axencia tributaria. Ao longo da mesma  puideron recoñecer as diversas fontes de financiación dos bens e servizos públicos, interiorizar actitudes de respecto polo público e asimilar a responsabilidade fiscal como un dos valores sobre os que se organiza a convivencia social. 

"SAFARI"UNHA OBRA DE TEATRO CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O alumnado de 1º e 2º curso asistiu a obra de teatro "Safari" interpretada pola multipremiada compañía catalana "La Baldufa". Nesta ocasión mergúllase no delicado tema do bullying nas aulas. Ao longo da obra o alumnado puido comprobar como a educación, o respecto e o traballo poden facer cambiar unha situación e devolver a paz e a harmonía. Unha marabillosa lección para todos e todas.

TALLER DE EDUCACIÓN VIAL

Distribuir contido


by Dr. Radut