Skip to Content

Augas de brillantes tesouros

AS MULLERES DA ENSEADA DE SAN SIMÓN 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER queremos rendirlle unha homenaxe a todas as

mulleres que traballaron, que traballan e que nun futuro traballarán o mar, mulleres valentes e

loitadoras, mulleres que lle dan VIDA.

Grazas a todas!

 

Para ver a entrevista preme no seguinte enlace:

AS NOSAS MULLERES DO MAR DE ADENTRO. A ENSEADA DE SAN SIMÓN

https://youtu.be/y3M_LpMdPHE

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2023 TODA UNHA FESTA

POR FIN! Chegou o ENTROIDO, a festa das festas e este ano imos celebralo dun xeito moi especial.

Volvemos desfilar polas rúas de Arcade!

Dentro do noso proxecto de centro, no que estamos a traballar a Enseada de San Simón como espazo natural único; imos adicarlle ao mundo do mar esta festa.

Representaremos cos nosos disfraces parte da fauna que nela vive para pór en valor a súa importancia e o imprescindible que é para a nosa zona.

Medio de vida para moitas persoas, non esquezades que a temos que coidar e respectar, pero sobre todo QUERELA!

AS NOSAS PESCUDAS SOBRE A ENSEADA DE SAN SIMÓN!

O alumnado de 5º xunto co seu mestre e a súa mestra, elaboraron na biblioteca do centro, na propia aula e na aula de informática e por equipos de traballo colaborativo un slide-share para logo realizar na biblioteca as diferentes exposición aos compañeiros e compañeiras de 6º e 4º.

Desexando que vos gusten e que poidades gozar dela.

 

 

Slide-share: https://www.slideshare.net/bcseoane/o-noso-mar-de-adentropptx 

 

SAÍMOS AO ENTORNO! FACEMOS A RUTA "PASEO MARÍTIMO DE ARCADE"

O paso seguinte dentro do noso PDI de Centro era coñecer "in situ" a nosa Enseada.

Polo que todos os cursos da nosa escola preparamos a saída ao peirao de Arcade. 

 

Baixamos por niveis e coñecemos os tesouros que gardan as nosas augas. Pasámolo de medo!

 

1º traballamos na aula coas nosas unidades de investigación.

2º baixamos ao peirao a experimentar cos nosos cadernos de campo e poder ver, tocar e coñecer todo o que prepararamos antes na escola.

 

No seguinte video podedes ver uns retalliños das nosas saídas, só é unha pequena mostra dun gran día para cada un de nós.

Picade na imaxe e gozade da nosa produción, desexamos que vos guste e que poidades apreciar un pouquiño todo o que aprendemos.

 

 

Estes son os cadernos de campo que preparamos para esta saída ao peirao, unha experiencia chulísima!

 

AMBIENTAMOS A ESCOLA!

DECORAMOS OS CORREDORES

INICIAMOS A AVENTURA!

INICIAMOS A AVENTURA

Chegou o día, xa temos título e proxecto, polo que escomenzamos a aventura, a viaxe á

ENSEADA DE SAN SIMÓN

Non podemos esperar máis, que nos deparará?

Chegamos ás aulas e alí estaban nas nosas mesas os "Cadernos do mar de adentro" nesta tarefa ímosnos convertir en biólogas/os, xeógrafas/os, científicas e científicos... da natureza.

1º traballaremos na biblioteca, nas aulas, nos corredores ou onde se preste, co noso caderno.

 

“AUGAS DE BRILLANTES TESOUROS”

 

Nel descubriremos novos coñecementos de Sociais, Galego, Naturais, Matemáticas en relación á Enseada de San Simón.

Realizarémolo por equipos de traballo colaborativo, polo que, cada equipo disporá do seu caderno de traballo.

 

Esta será a actividade previa á saída ao peirao. Preparadas e preparados para escomenzar?

Toca traballar xuntas e xuntos :-) Que escomence a INVESTIGACIÓN...

 

Aquí deixamos os cadernos para cada ciclo.

 

 

  

         

BUSCAMOS TÍTULO PARA O PROXECTO

Coñecemos nas nosas aulas o novo proxecto de centro, no que nos imos mergullar dende a biblioteca da nosa escola.

Toca pórlle título e como non en cada clase por equipos suxeriremos, proporemos, debuxaremos e escolleremos un título para o noso PDI que escomenza a súa andaina entre as nosas aulas.

Todas e todos visitaremos a biblioteca para coñecer de primeira man o que temos que facer.

 

ESCOMENZAMOS! J

 

AUGAS DE BRILLANTES TESOUROS.

Escomenzamos curso e con el PROXECTO. Un ano máis dende a biblioteca do noso centro imos dar saída a un novo proxecto.

Seguimos coñecendo de 1ª man o noso entorno próximo, coñecemos o noso Castelo, algo tan cercano e descoñecido nun 1º momento. E despois de dous cursos forma parte de nós para sempre.

 

E agora tócale “A enseada de San Simón”

INICIAMOS A AVENTURA! J

Distribuir contido


by Dr. Radut