Skip to Content

Que pode acontecer se descubrimos que...? Atrévete iniciamos a aventura.

IMOS A POLO 3º RETO!

 

Esta carta vai dirixida aos investigadores/as do

CEIP Manuel Padín Truiteiro

Benqueridos/as compañeiros/as:

 

Para resolver o 3º reto do proxecto teremos que…

 

1º VER o video de María Vinyals que está na páxina web no apartado de Proxecto de Centro ou tamén podedes picar na imaxe que tedes a continuación.

 

Teredes que escoitalo  con moita atención xa que nel contámosvos en que vai consistir este novo reto.

 

 

Escoitaremos o programa de Radio sobre María Vinyals, xa que nos vai aportar máis información sobre a nosa protagonista. Picade na imaxe e escoitade o noso programa.

 

 

 

Escomenzaremos así a nosa investigación poderemos empregar a aula de Informática e non esquezades que na BIBLIOTECA temos a información necesaria para resolver con éxito este 3º reto. Estes enlaces poden axudarche:

·       

http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/maria_vinyals_actividades_definitiva.pdf

·       

https://www.castelodesoutomaior.com/gl/historia

Imos pórnos mans á obra para dar coa solución do 3º RETOdo noso proxecto de centro.

A data límite será o 1 de abril.

 

Tentaremos resolvelo do seguinte xeito:

·       

Traballamos en EQUIPOcomo fan os bos investigadores e as boas investigadoras. Cada equipo terá que completar a información requerida, podémolo facer coa dinámica“Lectura compartida”, “O número” e “Un/ha para todas/os”Lembrádesvos delas?

 

 

MOITO ÁNIMO E TOCA INVESTIGAR SOBRE MARÍA VINYALS!

 

NA BIBLIOTECA ESPÉRANVOS AS RESPOSTAS CORRECTAS E OS VOSOS CARNÉS DE INVESTIGADORES.

 

ENTREVISTA Á HISTORIADORA E INVESTIGADORA SILVIA CERNADAS MARTÍNEZ.

Polo “Día da muller” recibimos na nosa escola á historiadora e investigadora

Silvia Cernadas Martínez.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistíu a unha conferencia a cerca da figura de

“María Vinyals” a “Marquesa de Ayerbe”.

Unha das figuras máis relevantes que naceu e creceu no Castelo de Soutomaior, pasando así a formar parte da nosa historia.

Ao remate da charla tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista na

Radio TV escolar do Manuel Padín Truiteiro.

Pasando a ser esta, un auténtico documento histórico.

Mil grazas Silvia polo teu ben facer e por compartillalo con nós.

 

Dálle un click á imaxe e poderás ver a entrevista completa.

 

 

 

 

 

RETO Nº 3. DESCUBRIMOS A MARÍA VINYALS.

Propoñémosvos un  novo reto, dentro do noso proxecto. Toca descubrir quen foi María Vinyals.

 

2º RETO. QUE FOI O CASTELO?

Esta carta vai dirixida aos investigadores/as do CEIP Manuel Padín Truiteiro.

 

Benqueridos/as compañeiros/as:

Para resolver o 2º reto do proxecto teremos que:

 

1º Escoitar o programa de radio: "Que pasa en xaneiro?" Enviarémosvolo ao correo, tamén vai estar na páxina web do centro no apartado da Radio Escolar ou podedes escoitalo cliclando no texto "Que pasa en xaneiro?

Teredes que escoitalo con moita atención xa que nel contámosvos. Que foi o Castelo?

 

Cada aula recibirá unha “Folla de investigación” e escoitando o programa cada equipo de aula deberá tentar completala .

 

Imos pórnos mans á obra para dar coa solución do 2º RETO do noso proxecto de centro.

 

Tentaremos resolvelo do seguinte xeito:

·     

Traballamos en EQUIPOcomo fan os bos investigadores e as boas investigadoras. Cada equipo terá que cubrir a “Folla da investigación”, podémolo facer coa dinámica “Lapis ao centro” ou “Folio xiratorio”Lembrádesvos delas?

 

Na biblioteca do centro estará todo o material que precisedes para resolver o reto e na páxina web do centro tamén teredes o programa de radio, ademais do especial que vos enviaremos a cada un de vós.

 

E para Infantil un conto que deberán completar.

 

Ánimo, e a investigar!

 

 

Un cordial saúdo dende o centro de operacións do CEIP Manuel Padín Truiteiro.

ÍMONOS AO TEATRO: QUE ESCOMENCE A FUNCIÓN. "O RENACER DO CASTELO"

ÍMONOS AO TEATRO!

Dende Infantil a 6º asistiremos a representación teatral no noso salón de actos “O renacer do Castelo”.

 

Xa temos as entradas e todo preparado: escenario, actrices e actores listos, directora da obra preparada, entradas entregadas, carteis publicitarios da nosa representación… uffff cremos que non falta nada.

 

Iniciamos á aventura e lanzamos o 1º reto do proxecto, todas e todos moi atentos e como non...

 

A GOZAR DA FUNCIÓN! QUE SE ABRA O TELÓN!

 

 

Escomenzamos proxecto: QUE PODE ACONTECER SE DESCUBRIMOS QUE ...? Atrévete, iniciamos a aventura.

 

Un novo curso escolar escomenzou e con el un novo proxecto de centro.

 

Iniciámolo cheos de ilusión e con moitas  ganas de aprender traballando e xogando xuntas e xuntos. Vivimos a Idade Media e agora toca saber que…

Que foi e de quen foi o castelo ao longo dos séculos?

O curso pasado coñecemos a historia do Castelo de Soutomaior ata o remate da Idade Media, cando o neto de Pedro Madruga herda o castelo, e este queda esquecido no tempo.

Ante nós abríronse infinidade de dúbidas e a curiosidade por descubrir que pasara co castelo ata o día de hoxe.

Que ocorreu neses 600 anos de historia? Quenes foron os seus donos? Que fixeron nel? Puido ser outras cousas o castelo?

 

 

O noso Castelo quedou durmido durante 300 anos, abandoado a súa sorte, pero no SÉCULO XIX volve revivir, é dicir, o Castelo RENACE.

 

E neste  novo proxecto imos saber por que.

 

 

QUE ESCOMENCE A AVENTURA! ÍMONOS AO TEATRO!

 

Tedes que estar todas e todos moi atentos, xa que dende o teatro imos lanzar o 1º reto do proxecto e tedes que resolvelo, estará exposto na nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut