Skip to Content

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

 

 A NOSA ESCOLA É O CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

    SE QUERES COÑECERNOS PICA NA IMAXE.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBRO 2024 - 2025

Benqueridas familias:

Finalizado o prazo de reclamación, faise pública no día de hoxe, a listaxe definitiva de fondo libro e de axudas de material escolar.

Pode consultarse no taboleiro do centro, ata o 12 de xullo, ou a través da chave 365 ou certificado dixital, na web:

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

 Os cheques poderán recollerse a partir do 1 de setembro, na escola.

A partir do 15 de xullo centro permanecerá pechado ao público.

Un saúdo dende a nosa escola e feliz verán para todas e todos.

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBRO 2024 - 2025

Benqueridas familias:

A partir do 26 de xuño podedes consultar as listaxes provisionais de persoas beneficiairas do fondo libro.

De acordo coa ORDE do 7 de maio de 2024  (DOG do 20 de maio) polo que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e vales de material, dita listaxe publicaráse exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Asi mesmo as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica  ao seu expediente a través da aplicación FondoLibro empregando  a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Polo tanto, pola normativa de protección de datos, a parte da consulta por chave 365 ou certificado dixital, a secretaría do centro non pode facilitar a información doutro xeito que non sexa a consulta presencial no interior do edificio en horario de 09.30 a 13,00 de luns a venres.

 Contra o establecido na listaxe provisional as persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación das mesmas.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS: ONDE SOLICITAR A CHAVE 365

As familias que desexen solicitalo de forma presencial teñen que dirixirse a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave 365. Aqui podedes consultar esa relación. En Arcade pode solicitarse no centro de saúde de Arcade.

Debe acudir a persoa interesada e acreditar a súa identidade mostrando o seu NIF. Os cidadáns comunitarios que non teñan tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Poden consultar, se o desexan, toda a información relativa á Chave 365 nesta dirección: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

XORNAL ESCOLAR 2023-24

Sae un novo número de “LATEXOS de NEGUEIRÓS” a nosa revista da escola,

gozade da súa lectura e dos traballos das nosas nenas e nenos.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024 – 2025

APERTURA DO PRAZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024 - 2025

 

Benqueridas familias:

Queda aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar da nosa escola,

dende o luns día 24 de xuño ata o martes 2 de xullo.

  A documentación entregarase na secretaría do Centro de 09:30 a 13:30

Deixámosvos nos enlaces inferiores toda a información necesaria.

E os impresos que deberedes entregar para solicitar praza de comedor para o vindeiro curso.

Instrucion_2-2024_XI_vdef_asinada.pdf

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS - 2024 2025.pdf

AUTORIZADOS RECOLLIDA Á SAÍDA DO COMEDOR.pdf

COMPROMISO DE NOTIFICACIÓN DAS FALTAS DE ASISTENCIA E DE USO CONTINUADO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR.pdf

 

ACTUACIÓNS FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

Chegaron as LETRAS GALEGAS 2024 e un ano máis dende a escola preparamos as nosas actuacións coas nosas mestras e meestres para festexar este día tan importante da nos aterra e da nosa cultura.

Aínda que moitos xa viñestedes á escola a vernos imos deixalas aquí para todos e todas aqueles/as que queiran gozar delas.

VIVAN AS NOSAS LETRAS, TODOS OS DÍAS DO ANO!

Na I parte poderedes ver a Infantil e 1º ciclo de primaria, na II parte o 2º ciclo e na III parte o 3º ciclo

 

 

A FIN DA VIAXE

E sobre un lenzo en branco creamos a nosa historia.

Escomenzamos cunha carta de Cora, viaxamos nunha máquina do tempo coa que fixemos as nosas investigacións e contamos a nosa historia, empregando as fontes da mesma: oral, escrita e pictórica

Agora tócavos a vós gozar dela.

ENTREVISTAMOS A ...

Bo día a todas e todos! Hoxe rematan as súas prácticas na nosa escola Talía e Alex, foi un pracer tervos con nós, desexamos que a experiencia fose moi positiva e que gozarades tanto como gozamos nós da nosa escola.

Desexarvos o mellor sempre.

Se picades na imaxe poderedes ver o programa de televisión coa entrevista completa. Desfrutade dela!

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS CURSO 2024/2025

 

 

 DENDE O 30 DE ABRIL E ATA O 13 DE SETEMBRO DE 2024, QUEDA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. 

Tamén se inclúe alumnado con TDAH cunha discapacidade recoñecida (igual ou superior ao 25%)

PODES CONSULTAR NOS SEGUINTES ENDEREZOS:

BECAS INFORMACIÓN XERAL: 

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html 

ACCESO Á PETICIÓN

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109 

Distribuir contido


by Dr. Radut