Blog da Biblioteca
Os tres osos
Enviado por Fran Macias o Lun, 2008-06-23 13:00A flor máis grande do mundo
Enviado por Fran Macias o Ven, 2008-06-13 14:34"As historias para nenos deben escribirse con palabras moi sinxelas...."
Co gallo da celebración no noso cole da semana do cine galego, deixamos aquí esta animación feita en Galicia por Juan Pablo Etcheverry , sobre un conto de José Saramago, que tamén pon a voz.
Preme aqui para velo máis grande
Máis datos:
Bigote blanco-Bigote negro.
Enviado por Fran Macias o Lun, 2008-06-02 19:27Actividades sobre o libro "Bigote blanco-Bigote negro"
Preme na imaxe para empezar a xogar...... pero non esquezar ler o libro!!!!
Resumo do trimestre
Enviado por Fran Macias o Mar, 2008-05-27 12:59Este trimestre a biblioteca do noso colexio estivo un pouco “revolucionada” pois no mes de abril celebramos a SEMANA DA PRENSA e tamén a SEMANA DO LIBRO.
Para a primeira tivemos o privilexio de contar cunha xornalista da RTVG, Isabel Vázquez, que nos veu falar do seu traballo. Tanto no nivel de E.I. coma no de E.P. estivo moi acertada a súa charla pois adaptouse ás distintas idades. Como remate da súa visita agasallou aos rapaces cun balón de baloncesto asinado por Pau Gasol.
Ademais para esta semana está a saír un xornal feito por nós con papel orixinal, é dicir , do tamaño dun xornal de verdade.Chamarase LA VOZ DE CARIÑO.
Para a SEMANA DO LIBRO estivemos xogando ás adiviñas durante a semana anterior e os/as que participaron tódolos días e acertaronnas todas levaron como agasallo un libro.Á semana seguinte (na que se celebrou o Día do Libro) fixemos lecturas dramatizadas na biblioteca durante os recreos, para E.P., e nunha sesión lectiva para E.I. Para estas lecturas contamos coa colaboración de rapazas de 5º e 6º(Uxía, Noelia Quiza, Elsa, Sara) e as profesoras de E.I.
O libro dos 25 anos.
Enviado por Fran Macias o Ven, 2008-05-23 11:13O Colexio en colaboración co concello de Cariño acaba de publicar o libro "Vinte e cinco anos de xornal escolar" , onde facemos unha lembranza da historia que acompaña á elaboración da revista escolar.
Animación á lectura
Enviado por Fran Macias o Mar, 2008-05-06 10:15Dramatización do conto "A cebra Camila" para o alumnado de E. Infantil na semana do libro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22