Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Secretaría

NÚMERO PREMIADO RIFAS SORTEO CESTA

13/03/2023 09:34
Europe/Madrid

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO DE 2023

11/03/2023 20:25
Europe/Madrid

O pasado 23 de febreiro celebramos outro ano máis o día de Rosalía na nosa biblioteca. Co lema "CUMPRIUSEAXUSTIZA" o alumnado traballou a poesía de Rosalía e elexiu versos e palabras onde se ve reflictido a temática do lema deste ano. Escribiron sobre lazos de cores que posteriormente foron colgados dunha árbores , para así encher o aire coas súas palabras. Grazas Rosalía por deixarnos un legado tan importante.

ADMISIÓN ALUMNADO - Reserva de praza para o CEIP Manuel Fraga Iribarne para alumnado de novo ingreso.

01/03/2023 09:54
Europe/Madrid

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso do curso 2023/24

 

  • Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): precisa entregar a solicitude (ED550B) e documento acreditativo da idade do/a alumno/a.

 

  • Alumnado de outros cursos procedente doutro centro: (ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula do/a alumno/a.

 

 A solicitude pódese presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.

 O modelo pódese descargar nas ligazóns a continuación ou recollela no centro (conserxería ou secretaría).

 

Modelo ED550B en galego

Modelo ED550B en castellano

 

CAMPAÑA SOLIDARIA MARIOLA - RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO ATA O 9 DE MARZO

23/02/2023 10:18
Europe/Madrid
  1. A partir do próximo luns podedes deixar no salón de actos do cole  as bolsas con roupa e calzado usados para Mariola Solidaria( www.csmariola.com), unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar  é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

 

 

VIDEO DÍA DA PAZ- 30 DE XANEIRO DE 2023

22/02/2023 10:23
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o video da Paz 2023.

 

 

CUESTACIÓN DÍA DA PAZ PARA CARITAS CARIÑO

17/02/2023 14:24
Europe/Madrid

Hoxe un grupo de alumnos/as de 5º de EP fixeron entrega dos cartos recaudados para beneficiar, neste caso, a Caritas Cariño. O recaudado foron, un pouco máis de 500 euros, que servirán para axudar a aqueles veciños que máis o necesitan. Estamos moi orgullosos/as dos nosos nenos/as. 

 

                                

 

 

Distribuir contido