Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

29/01/2020
Europe/Madrid

 

O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne convoca o

 

 II CONCURSO FOTOGRÁFICO

“PON O TEU OBXECTIVO NOS 3 Rs” (recicla, reduce e reutiliza)

Curso 2019-2020  

 

PARTICIPACIÓN:

O concurso está aberto á participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño.

 

TEMA:

1.O tema do concurso será “PON O TEU OBXECTIVO NOS 3 Rs” coa idea de que o alumnado participante exprese mediante unha fotografía como eles e/ou as persoas da  súa contorna contribúen realizando accións que nos axudan a Reciclar, Reducir e /ou Reutilizar produtos de refugallo, ou mesmo con fotografías que amosen o efecto contrario de como NON reciclar está prexudicando o noso medio ambiente.

 

FOTOGRAFÍAS:

2.Só se aceptará unha foto por alumno (poden ser fotos nas que só se reflicta unha das Rs ou todas xuntas),

3.As fotos deberán ser orixinais con data non anterior á desta convocatoria. (3-02-2020)

4.Xa que se trata dun concurso escolar permitirase, ata certo punto, que os adultos aconsellen e axuden aos e as participantes tendo ben en conta que o alumno/a ten que ter unha participación maioritaria na realización da fotografía e sobre todo na eleción da escena a fotografiar.

5.Nas fotografías non poderán aparecer persoas identificables e en calquera caso contarase co consentimento de calquera persoa que apareza nas mesmas.

 

ENTREGA DAS OBRAS:

6.As fotos entregaranse en formato dixital obtidas a través dunha cámara dixital, móbil, tablet ou dispositivo similar.

7.O formato será JPG / JPEG cun tamaño aproximado aconsellado de 3200 x 2400 pixeles.

8.En ningún caso a fotografía poderá ser editada ou se lle aplicarán filtros, nin será recortada, a excepción de axustes básicos mínimos de brillo/contraste.

9.As imaxes que participarán no concurso enviaranse adxuntas nunha mensaxe de correo electrónico á dirección seguinte: concursofotografia2020@gmail.com poñendo como asunto: “Obxectivo 3Rs”. No corpo da mensaxe constarán os seguintes datos:

 

TÍTULO DA OBRA

NOME E APELIDOS DO ALUMNO/A

CURSO DO ALUMNO/A

NOME E APELIDOS E TELÉFONO DO RESPONSABLE LEGAL DO ALUMNO/A

 

PRAZO:

10.O prazo de presentación das fotografías será dende o 3 de febreiro de 2020 ata o 17 de abril de 2020.

 

PUBLICACIÓN:

11.As fotos recibidas iranse publicando na Galería do CEIP Manuel Fraga Iribarne na carpeta FOTOCONCURSO 2020. Tamén serán expostas fisicamente no centro.

 

FALLO:

12.O xurado, que estará formado polo equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne publicará o seu fallo na páxina web do centro (“colecarino.net”) a partir do 8 de maio de 2020.

13.O xurado valorará a orixinalidade, creatividade e sensibilización coa temática das obras presentadas.

14.Descartaranse e quedarán fóra de concurso as obras que carezan dun mínimo de calidade técnica ou que sexan de mal gusto ou ofensivas para as persoas.

 

CATEGORÍAS

Haberá tres categorías tendo en conta o nivel educativo

CATEGORÍA 1: Alumnado de Educación Infantil

CATEGORÍA 2: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

CATEGORÍA 3: Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

PREMIOS:

Haberá por cada categoría un 1º PREMIO E UN 2º PREMIO.

Tamén se outorgará un premio á FOTO CON MÁIS ECO-CONCIENCIA independentemente da categoría.

Os premios consistirán nunhas gafas de realidade virtual "Google Cardboard 3D".