Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

CONVIVENCIA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL COS MAIORES DE LANDOI

05/06/2024 19:05
Europe/Madrid

Hoxe levamos a cabo esta actividade tan tenra e fermosa. Os maiores de Landoi viñeron visitarnos ao cole, acudimos con eles/as á biblioteca, e ali estivemos un bo anaco: cantáronnos unha canción e nos a eles/as, léronnos un conto, contáronnos cousas de cando ian ao colexio...En definitiva foi un intercambio interxeneracional moi bonito; non sabemos quen o pasaría mellor...os máis pequenos ou os máis maiores?Sorriso Por suposto, agradecemos enormemente de novo, esta visita. Desexamos que sexa a primeira de moitas.