VISITA DE CARLOS LABRAÑA
Enviado por deli o Xov, 2022-05-12 10:30
12/05/2022 10:26
Europe/Madrid
O pasado martes recibimos a Carlos Labraña, dramaturgo cedeirés que chegou ao noso cole sendo un trasno qu non sabía ler e marchou sendo un escritor prolífero de teatro para nenos/as. Foi unha xornada incríble chea de diversión, sorpresas, imaxinación, creatividade,....Comezamos atopando un cofre do tesouro cheo de libros, pasamos logo a xogar a "maquina de crear contos e tamén fixemos lecturas teatrais. Dámoslle as grazas a Carlos por ensinarnos tantas cousa sobre o teatro e a interpretación.
Aquí vos deixamos unhas fotos dalgúns momentos da mañá. Estade atentos/as, subiremos un video coas actividades da Semana do Libro