ADMISIÓN DO ALUMNADO. Solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º EP que pasa a 1º de ESO
Ábrese o prazo dende mañá 11 de xaneiro de 2022 ata o 8 de febreiro para que o alumnado que este curso 2021-2022 cursa 6º de Educación Primaria presente a solicitude de reserva de praza no centro de adscrición (IES Cabo Ortegal)
Dita solicitude poderase presentar de calquera destas tres maneiras.
- Presentando a solicitude a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, asinándoa na SEDE ELECTRÓNICA e facendo unha presentación telemática.
- Cubrindo a solicitude na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ para posteriormente imprimila, firmala e presentala no centro de orixe (CEIP Manuel Fraga Iribarne).
- Imprimindo a solicitude e cubríndoa manualmente para posteriormente presentala no centro de orixe (CEIP Manuel Fraga Iribarne).
Enlaces e arquivos descargables:
Aplicación de admisión do alumnado: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitude (galego)
Solicitude (castellano)