Eventos
Ola Familias, en principio os días de cobro da lotaría que vendeu o alumnado 6º de EP son:
-xoves 11 de xaneiro de 16:00 ás 18:00
-venres 12 de xaneiro de 16:00 ás 18:00
-luns 15 de xaneiro de 16:00 ás 18:00
-martes 16 de xaneiro 16:00 ás 18:00
Estaremos na entrada do cole. Se necesitamos máis días xa vos iremos dicindo.
Un saúdo
O E.D.
A partir do 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza no IES Cabo Ortegal para o alumnado de 6º de Educación Primaria (Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022). O resto do alumnado matriculado que permanece no centro non ten que facer ningún trámite.
A solicitude pode facerse a través da Sede Electrónica da Xunta ou de forma presencial. Esta última debe presentarse no centro no que está matriculado actualmente o alumnado (CEIP Manuel Fraga Iribarne).
ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO
MANUAL DA APLICACIÓN PARA AS FAMILIAS