Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Setembro 08, 2023
Start: 08/09/2023 12:09

 

Chegou setembro e os mestres e mestras do cole de Cariño puxémonos mans a  obra para 

recibir aos nosos nenos e nenas. Estamos preparando todo con moito agarimo, entusiasmo e ilusión,

como dicimos sempre, para poder camiñar, gozar, ensinar e
aprender xuntos no novo curso.

D
esexamos dar a benvida a toda a nosa Comunidade Educativa e, sempre dun xeito especial

e agarimoso
ao noso alumnado co que imos que compartir esta nova aventura, un novo curso

escolar, onde esperamos poidan seguir despregando a súa creatividade, a súa imaxinación,

onde expresen as súas emocións, onde sigan adquirindo aprendizaxes, en definitiva, onde

seguirán desenrolando todo o potencia que posúen, aquí, neste lugar, onde ademais

pretendemos que aprendan a aceptar, a incluir e a integrar as diferenzas, un lugar onde

Eles e Elas
son os/as PROTAGONISTAS".

 

 

 

 

 

 

 

 

Start: 08/09/2023 12:47

 

Entrada 

Educación Infantil

4º de EI- entrarán segundo establecido no período de adaptación.

5º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de

EI, onde estará agardando a súa titora.
6º de EI- entrará ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de

EI, onde estará agardando a súa titora.
Educación Primaria O alumnado de Educación Primaria poderá entrar no recinto ás 9:25, momento en que se abrirá o portalón. Os nenos/as entrarán ata a

porta principal do cole onde serán
recibidos polos seus titores/as que os acompañarán ata as súas respectivas aulas. Se veñen coas

mochilas cargadas de libros serán os mestres especialistas os que se encarguen de facelas chegar ás clases.
Saída Educación Infantil 4º EI- sairán segundo o establecido no período de adaptación. 5º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. 6º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. Educación Primaria O alumnado de EP sairá ás 14:30 pola porta principal se é recollido polas familias que agardarán no exterior do recinto escolar, e polo patio cuberto se

é usuario de transporte.
No caso de que algún/ha alumno/a transportado teña que ser recollido pola familia, esta deberá facelo esperando fóra do recinto onde estacionan os

autobuses. Neste caso
debe comunicarse ao titor/a. IMPORTANTE: o transporte funcionará no horario habitual. O alumnado transportado será atendido polo profesorado dende o momento que chegue

ao centro.

Un saúdo e feliz comezo de curso.

O E.D.
Sábado Setembro 16, 2023
Start: 16/09/2023 23:51

Distribuir contido