Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
22
Start: 22/05/2023 09:51
O pasado 15 de maio o alumnado de 1º e 2º de EP foron de excursión ao Parque natural de Marcelle, na provincia de Lugo. Alí pasaron un día moi especial tendo moi reto animais salvaxes aos que sempre ven nos libros ou a través das pantallas. Esta vez tocou gozar deles en vivo e en directo.
Start: 22/05/2023 10:02
O Martes 26 de maio o alumnado de 5º e 6º de EP viaxou a Viveiro e ao Monte de San Roque, onde esta situado Rock Sport . Aquí pasaron unha xornada deaventura na árbores e despois fixeron unha visita cultural por Viveiro. Esta excursión foi progamada polo profesor de Relixión, mais unironse tamén os /as alumnos/as de Valores e os/as de Proxecto Competencial.
Start: 22/05/2023 10:12
A aventura árbores chegou o pasado xoves 25 para o alumnado de 3º e 4º de EP, que pasou unha xornada divertida no Rock Sport de Viveiro, no monte de San Roque. Tamén se achegron a Chavín a ver os enormes e famoso eucaliptos. Start: 22/05/2023 10:19
O pasado 11 de maio nas clases de EF viñeron ao cole uns representantes do F. C. Cariño para presentar o clube e recalcar que el hai cabida tanto para nenos como para nenas, que se trata dun deporte de equipo e por iso, todos os membros son iguais de importantes no xogo; que facer deporte é unha boa maneira de manterse activos/as e saudables.
Start: 22/05/2023 10:25
Dúas invitaciónS recentes a espectáculos na Casa da Cultura, invitados/as pola Biblioteca do Concello. "A Pequena gran Inventora" "Ilusiónate"
| 23
Start: 23/05/2023 09:24
Prazo para a presentación de solicitudes: 22/05/2023 ao 21/06/2023.
A solicitude farase a través do modeo que se recollerá na conserxería ou secretaría do centro ou neste enlace:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://wwwedu.xunta.es/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento ED330B (usando chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión). Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro. Axuda para libros:
160 € (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 €) 240 € (renda igual ou inferior a 6.000€)
Axuda para material escolar: Terá dereito o alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. Os importes serán os seguintes:
Cálculo da Renda Familiar per cápita:
Cómputo da unidade familiar: forman parte da unidade familiar a 31 de decembro de 2021 (salvo violencia de xénero ou separación posterior con sentenza e custodia a un proxenitor) os seguintes:
Documentación:
Quedarán excluídos das axudas aqueles alumgs que non devolvan os libros adquiridos coas axudas no curso 2022/23 (0 prazo é ata o 20 de xuño) e os que superen os límites de renda
0 alumnado de 6° de Ed. Primaria que pasa para o Instituto presentará alí a solicitude (cando o fagan de forma presencial)
NOTA IMPORTANTE: No momento de entrega de vales, éstes só se entregarán aos asinantes da solicitude correspondente.
| 24
| 25
| 26
| 27
| 28
|