Eventos
Entre risas, sorrisos e sorpresas transcurriu o show de maxia que o pasado venres 17 vivimos no cole de Cariño. Camiño do final de curso, necesitamos parar para descansar un pouco dos traballos escolares rutinarios. O mago Kiko fíxo que nos sorprendéramos cos seus fabulosos trucos de maxia, levándonos dende a espectación á sorpresa, pasando polo sorrisos e polas risas. Foi MÁXICO
O xoves pasado para ir concienciándonos de que que este curso estaba a piques de rematar, xuntámonos todos/as no pavillón e gozamos dunha demostración de "ZUMBA". Bailamos imitando á monitora, foi divertidísimo.
E sen darnos conta chegou o último día de curso. Os nenos e nenas de 6º de EI puxéronse elegantes para a súa graduación con fin de despedir esta fermosa etapa, entregamos os premios aos participantes do concurso dun logo para o noso cole e, por suposto, á gañadora, Mar Yáñez. Tamén vimos a proxección dunha entrevista que o alumnado de 5º de EP lle fixo ao famoso e simpático Touriñán. Logo, gozamos dun concerto de rock moi especial coa colaboración do Conservatorio das Pontes, no que participaron dous alumnos/as de 4º de EP (Miguel e Sara) tocando a bateria e o teclado: "ESPECTACULAR". E como colofón a este ano académico o alumnado foi para as súas clases a festexar o fin de curso, percibindo que co deber cumprido comezaban as súas ben merecidas vacacións de verán. Parabéns a todos /as polo voso traballo e polo voso esforzo.
O Equipo Directivo como punto e final a este curso quere dar as GRAZAS a toda a comunidade educativa por estar aí dándoo todo cando estamos a falar da educación dos/as nosos/as nenos/as porque como di un provebio africano:" Para educar a un neno/a fai falta a tribu enteira".
E en especial e concretamente:
-A ANPA por ofrecerse sempre a axudar e poñer o seu grao de area para mellorar as cousas.
-Ao Concello por ter sempre presente as nosas peticións, que non son poucas, co fin de mellorar o noso edificio e o noso entorno. Grazas por todo o conseguido.
-As limpadoras por ternos sempre todo a punto para comezar cada mañá o noso traballo.
-Ao conserxe por ser impecable no desenrolo das súas funcións, clave no funcionamento do centro educativo.
-Ás familias porque cando precisamos do voso apoio soubemos que aí estades. Por entender que estamos todos no mesmo bando, que o máis importante son os/as rapaces/zas. Son eles/as polos que merece a pena traballar.
-A aquelas persoas que nos apoiaron para poder conseguir o que considerabamos que era o melllor para o centro ou para os/as nenos/as.
-Aos compañeiros/as, mestres e mestras, verdadeiros artífices do bo funcionamento de todo, grazas enormes por animarnos e axudarnos cando xurdiron problemas, flaquezas, desánimo,... e recordar que o importante non é ver que as cousas son difíciles senón que son posibles.
-Pero sobre todo, non me cansarei de repetilo, grazas aos nenos/as por todos os momentos que nos regalastes, polo voso entusiasmo, polos vosos xogos, polo voso ánimo, por ser agradecidos e incluso polas vosas críticas, polo voso sorriso,..., polo voso esforzo, por non rendirvos nunca e, como non dicilo tamén, por perdoar os noso erros, que seguro cometimos algún.
Ao alumnado de 6º que comeza unha nova etapa educactiva desexarlles moito éxito, que loiten polo que queren ser. Sabemos que o conseguirán, confiamos neles. Sabemos que son moi válidos, e só teñen que poñerlle entusiasmo e traballo. Dos demais, despedímos ata o curso que vén, desexando a todos/as
BO VERÁN!!!!. GOZADE DESTE TEMPO DE LECER
* Participantes no concurso "Un Logo para o cole" e o seus traballos. O logo gañador é o remarcado en verde. Noraboa á nai de Samuel , María Yáñez que non puido asistir a recollida de premios e delegou en Samu.
Durante este curso elaborouse o Plan Dixital de Centro. No día de onte, despois de ser presentado ao Claustro, foi aprobado polo Consello EScolar.
PERSOAS BENEFICIADAS COA AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)
Desde hoxe, 1 de xulio de 2022 están publicadas as listaxes. Poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.
A partires do día 4 dexullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 11:00 a 13:30. Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIADAS CON LIBROS DO FONDO SOLIDARIO (3º E 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2022.
Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2022.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.