Eventos
Ola, aquí vos deixamos unha presentación doutra das actividades que realizamos na nosa biblioteca para celebrar a SEMANA DA PRENSA.
*Sabías que o día 23 de abril é un día simbólico para a Literatura Mundial??? Contámosvos o por que??? Pois ben, foi elexido este día como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR" porque o 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, grandes escritores da literatura universal. Hai que contar Cervantes en realidade morreu o 22 de abril, pero foi enterrado o 23 (calendario gregoriano), e encanto a Shakespeare, ese 23 de abril corresponde ao calendario xuliano, vixente en Inglaterra naquela época polo que non é exactamente o23 de abril do calendario gregoriano.
Nós, para celebralo, programamos algunhas actividade como as que vedes máis abaixo
Este curso no cole de Cariño decidimos remexer nos oficios do pasados, aqueles traballos que se realizaron durantes moitos anos, mais agora parece que están a piques de desaparecer. O equipo de Dinamiación do galego organizou unha exposición e pediuvos a vosa axuda, pois aquí vos deixamos o resultado. ESTAMOS MOI AGRADECIDOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Están publicadas no taboleiro do vestíbulo a lista de alumnos admitidos no centro para o grupo de 4º de Educación Infantil (3 anos) para o curso 2022-2023.
Todo o alumnado que solitou plaza está admitido.
A finais de xuño deberá facerse a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA. Posteriormente, celebrarase unha reunión entre os pais/nais dos novos alumnos/as e as titoras de Educación Ifantil para informar dos detalles da incorporación dos novos estudantes.