Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 21, 2022
Mércores Febreiro 23, 2022
Start: 23/02/2022 12:14

Tal día coma hoxe en 1837 naceu a nosa Rosalía de Castro. Mañá, despois dunha semana traballando sobre ela e coñecéndoa un pouquiño máis, farémoslle, coma todos os anos, unha agarimosa homenaxe. Trasladamos un recuncho da nosa biblioteca ao século XIX e alí sementaremos os seus pensamentos, pensamentos dunha GRAN MULLER, a quen non deberiamos esquecer nunca, nin a ela nin a defensa da nosa lingua, coma ela o fixo. Os nenos/as declamarán algunhas das súas poesías e prantarán un pensamento, unha flor. Os nenos/as serán recibidos por unha "Rosalía" moi especial. Agardamos con ilusión o momento!!!!!! Xa vos contaremos como foi.

Engadimos algunha imaxe máis do que foi esta fermosa actividade

 

                     

Xoves Febreiro 24, 2022
Start: 24/02/2022 20:52

Plantamos pensamentos cos pétalos cheos de versos de Rosalía de Castro.

Quedaron así de chulos!!!

Luns Febreiro 28, 2022
Start: 28/02/2022 23:39

Do luns 21 ao xoves 24 cumprimos cos mandados do Meco, relacionados co tema globalizador

deste curso: "Remexendo no pasado".

O venres 25 disfrazámonos  libremente e repartimos chaolas, batidos e zumes entre as diferentes clases.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

 

Xoves Marzo 03, 2022
Start: 03/03/2022 22:40

Durante a semana pasada todo o alumnado estivo traballando sobre A PAZ: individualmente, por grupos, por clases,... para conseguir unha actividade  final que realizamos todos xuntos o pasado luns, 7 de febreiro. Foi unha semana moi intensa pero mereceu a pena, e o  luns foi un día moi especial onde nos responsabilizamos e, á vez,  gozamos dunha actividade moi especial, na cal o  alumnado estivo á altura e portouse xenial. Estiveron a gravarnos e, nuns días subiremos o video á web para que as familias tamén podan gozar do traballo dos/as nenos/as. Esta é unha pequena mostra do traballo realizado.

 

Start: 03/03/2022 22:40
Luns Marzo 07, 2022
Start: 07/03/2022 10:01

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

CURSO 2022-2023

Entre o martes, 1 de marzo e o luns, 21 de marzo de 2021 levarase a cabo a fase de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2021/22.

 O alumnado que xa está matriculado neste centro non ten que facer ningún trámite.

 O alumnado que iniciará a escolarización en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL no vindeiro curso 2020/2021 deberá realizar a presentación da solicitude no colexio solicitando cita previa no teléfono 881 88 04 34 ou facéndoo telemáticamente a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado).

 Tanto no caso de presentar a solicitude telemáticamente como no caso de presentala directamente no centro deberá achegarse fotocopia da documentación pertinente:

  • DNI da alumna/o en caso de telo.

  • DNI proxenitores.

  • Libro de familia.

  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

  • Certificado oficial do expediente académico se é o caso.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

  • No caso de presentar a solicitude persoalmente no centro, ésta estará firmada alomenos por un dos proxenitores.

  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito-ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

  • Outra documentación.

 

Axuda e Normativa relacionada

 

Impreso de solicitude: GALEGO / CASTELÁN

 

 

 

Mércores Marzo 09, 2022
Start: 09/03/2022 10:44

  Ola, aquí vos deixamos unha pequena testemuña da celebración do Día de Rosalía no noso cole. Subiremos algún video máis sobre a actividade. ESTADE ATENTOS/AS!!!

Este video é un exemplo da actividade que se realizou na nosa biblio. Todos os niveis de EI e de EP pasaron polo rincón de Rosalía a escoitar o que Camaleo e Rosalía lles tiñan que dicir. Eles/as , como agradecemento, declamaron unha das súas poesías e plantaron un pensamento cheo de versos da autora.

   

Mércores Marzo 16, 2022
Start: 16/03/2022 12:42

Esta semana estamos a celebrar A SEMANA DA PRENSA no noso cole. Entre as actividade que temos programadas para estes días está a visita tan especial que recibimos onte, o xornalista de El Progreso, Xabier Lombardero, estivo con nós explicándonos e aclarándonos  moitas aspectos do xornalismo e dos xornalistas, así como contestando a todas as nosas curiosidades, que foron moitas e moi interesantes. Foi unha velada moi prolífera na que aprendimos e gozamos moito. Oxalá teñamos oportunidades de seguer coñecendo a persoas importantes, que nos sigan aportando.Tamén contamos coa colaboración de  Álvaro Ramil que de xeito voluntario realizou unha reportaxe fotográfica do evento. Moitas grazas aos dous.

                                                      

 

O venres 18 O Progreso dedicounos unha páxina do seu Suplemento. Sentímonos moi ledos e importantes. Grazas!!!

 

 

                                                                             

 

 

 

 

Luns Marzo 21, 2022
Start: 21/03/2022 13:00

Hoxe recibimos no patio de recreo a antigos alumnos/as do cole, que agora están no IES Cabo Ortegal de Cariño. Viñeron encantados/as a recitarnos unhas fermosas poesías. Algún/has dos/as nosos alumnos/as tamén se animaron e declamaron poesías de Rosalía que aprenderan fai unhas semanas,. Foi un momento moi entrañable.

Aquí vos deixamos unhas fotos do que foi a actividade.

                        

Mércores Marzo 23, 2022
Start: 23/03/2022 10:45

A partir de hoxe  podedes deixar no salón de actos do cole  as bolsas con roupa e calzado usados. Mariola Solidaria( www.csmariola.com) é a empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2022 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preesciolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

                                                                        GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

Distribuir contido