Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Xaneiro 16, 2022
Luns Xaneiro 31, 2022
Start: 31/01/2022 10:23

     Para os que non podedes desfrutar no noso novo mural, aquí vos deixamos unha imaxe. Este traballo foi  realizado por unha antiga alumna do noso cole, Carmen Rodriguez, a quen lle agradecemos enormemente a ilusión e o seu bo facer. Dámoslle as gracias ao concelleiro de Cultura, Jonathan Miranda, por ter apoiado este proxecto do que os nosos/as nenos/as poderán gozar e aprender cunha mensaxe que, sen dúbida, debemos facer comprender: " AS DIFERENZAS ENRIQUÉCENNOS, O RESPECTO ÚNENOS"                  

Martes Febreiro 01, 2022
Start: 01/02/2022 11:13

COMO XA SABEREDES NO NOSO COLE ESTAMOS A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES "PILABOT". QUEREMOS DAR AS GRAZAS POLA EXTRAORDINARIA COLABORACIÓN DOS/AS NENOS/AS E AS SÚAS FAMILIAS. HAI POUCO QUE COMEZAMOS E XA TEMOS UN CONTEDOR CHEO. ESTAMOS MOI CONTENTOS/AS PORQUE ISTO SUPÓN QUE TODAS ESTAS PILAS, QUE TANTO PERXUDICAN O NOSO MEDIO AMBIENTE E A NOSA SAÚDE, NON ACABARÁN EN LUGARES NOS QUE NON DEBEN ESTAR. TEMOS QUE CONTINUAR CON ESTE ÁNIMO PARA PODER MANTER A NATUREZA LIMPA E, SE TOCA, GAÑAR, ESTE CONCURSO QUE SUPÓN TODO UN RETO PARA NÓS. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS

Mércores Febreiro 02, 2022
Start: 02/02/2022 18:38

SUBINDO DESEXOS ÁS NUBES

Queremos deixar constanciadalgúns dos desexos que os nosos/as nenos/as subiron ás nubes, oxalá se lles cumpran:

" Que todos/as vivamos ben"

"Que os /as nenos/as pobres teñan cama, casa, familia e diñeiro"

"Desexo que Deus coide dos/as nenos/as pobres e dos adultos e lles dea comida"

"Me gustaría que hubiera paz mundial"

"Desexo que todos/as nenos/as teñan liberdade"

" Desexo que todos/as nenos/as sexamos respectados e que teñamos un fogar"

...

E moitísimas más que podemos ler entre as nubes.

Venres Febreiro 04, 2022
Start: 04/02/2022 14:20

  Queremos deixar constancia dalgúns dos desexos que os nosos/as nenos/s subiron ás nubes, oxalá se lles cumpran:

"Mi deseo sería que todos/as pudiésemos manipular el tiempo para arreglar las cosas de las que nos arrepentimos".

"Que todos/as vivamos ben".

"Que os/as nenos/as pobres teñan cama, casa, familia e diñeiro".

"Desexo que Deus coide dos /as nenos/as pobres e dos adultos  e lles dea comida".

"Me gustaría que hubiera paz mundial".

"Deseo que mi mamá y mi papá vuelvan a estar juntos en todo el mundo"

"Desexo que todos/as nenos/as teñan liberdade".

"Desexo que todos/as os/as nenos/as sexamos respectados e que teñamos un fogar".

...

E moitísimos máis que podemos ler entre as nubes.

Martes Febreiro 08, 2022
Start: 08/02/2022 20:16

Material para a celebración do Día de Rosalía o 23 de febreiro:

Actividades interactivas en formato Calameo:

Actividades interactivas en formato Genially:

Actividades interactivas en formato pdf:

Proposta de actividades presenciais e/ou en liña do Museo do Pobo Galego

Xoves Febreiro 10, 2022
Start: 10/02/2022 09:44

Estamos a intentar activar e dinamizar o noso  patio do cole co obxectivo de que  os nenos/as teñan diversos  espazos onde gozar de diferentes xogos. O curso pasado compráronse dous panéis que xunto con tres máis mercados este curso, foron colocados coa axuda do Concello, a quen lle damos as grazas polo seu apoio. Queremos seguir mellorando, polo que seguemos a traballar para poder acadar este obxectivo que consideramos moi importante.

Start: 10/02/2022 10:01

Durante a semana pasada todo o alumnado estivo traballando sobre A PAZ: individualmente, por grupos, por clases,... para conseguir unha actividade  final que realizamos todos xuntos o pasado luns, 7 de febreiro. Foi unha semana moi intensa pero mereceu a pena, e o  luns foi un día moi especial onde nos responsabilizamos e, á vez,  gozamos dunha actividade moi especial, na cal o  alumnado estivo á altura e portouse xenial. Estiveron a gravarnos e, nuns días subiremos o video á web para que as familias tamén podan gozar do traballo dos/as nenos/as. Esta é unha pequena mostra do traballo realizado.

Start: 10/02/2022 19:59

Start: 10/02/2022 20:40

Venres Febreiro 11, 2022
Start: 11/02/2022 13:03

Hoxe o  alumnado de 6º, axudado por algúns docentes, foron os encargados de cortar as bridas da nosa furna da cuestación da Paz. Fixeron  reconto de todo o aportado polos nenos/as, as súas familias e os docentes do noso cole. Recordamos que este ano a ONG elexida foi Médicos sen Fronteiras que dedicará os 617 euros que xuntamos á compra de vacunas contra a Covid-19 para os nenos/as do terceiro mundo.

Grazas a todos/as por poñer este grao de area para esta poboación máis desfavorecida. Sodes un exemplo de solidariedadeRisaSorriso

Coma sempre, deixamos evidencia da actividade

Luns Febreiro 14, 2022
Start: 14/02/2022 19:49

Entroido cos Bolechas

Distribuir contido