Eventos
Xoves Novembro 18, 2021
Start: 18/11/2021 09:38
Saíu a Orde de 28 de outubro de 2021 que regula o procedemento e distribución de máscaras entre o alumnado.
Segundo a orde:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non é beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familila cunha renda percápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en Educación Especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
En caso de presentar solicitude, está se fará de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a.
O prazo de entrega de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Publicacións:
Listaxe provisional: 1 de decembro de 2021. Reclamacións, 2 días hábiles despois da publicación.
Listaxe definitiva: 10 de decembro de 2021.
Venres Novembro 19, 2021
Start: 19/11/2021 17:42
O día 19 de novembro celebramos o MAGOSTO.
Desde a Biblioteca e baixo o título "LIMPAMOS O BICO CUN REFRÁN"
Seregrafiamos en panos de mesa varios refráns relacionados co proxecto dedo centro deste curso, " Remexendo no pasado". Solicitados aos alumnos
Os refráns elexidos foron:
Os refráns elexidos foron:
- . Se ves as estrela brillar, sal, mariñeiro, ó mar.
- . Gaiteiro pago, nunca ven toca.
- . Costureira sen dedal cose pouco e cose mal.
Luns Novembro 29, 2021