Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xullo 06, 2021
Start: 06/07/2021 09:30

Xa está exposta no taboleiro interior do colexio a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas de vales para adquirir libros de texto e material escolar.

Lembramos unha vez máis que este ano non se pode facer exposición pública dos resultados.

As persoas excluídas recibirán unha notificación do colexio para informar da situación. En calquera caso pódese chamar ao colexio para concertar unha cita para a revisión da listaxe, a presentación de reclamacións, ou a recollida dos vales.

Teléfono: 881 880 434

email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

 

 

Venres Xullo 09, 2021
Start: 09/07/2021 15:57

Xa está publicada no taboleiro interior do colexio a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para recibir libros de texto do fondo solidario (3º e 4º de EP).

Nas listaxes aparece o nome da alumna ou alumno e o número de libros que recibe, esta información non se pode expoñer en Internet.

Neste documento PDF pode ver cáles son os libros asignados en préstamo a cada alumno/a segundo o número deles que lle corresponde:

NOTA SOBRE OS LIBROS DE TEXTO

 
Mércores Xullo 21, 2021
Start: 21/07/2021 16:20

Estes días atopamos un erro nos ISBN dos libros de inglés de 1º, 2º e 3º de Primaria que aparecen na lista de libros de texto.

Os códigos que aparecen son das edicións do ano pasado.  Os códigos actuais son os seguintes:

PRIMEIRO:

 

9788420573595

POPTROPICA ENGLISH 1 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

9788420573588

POPTROPICA ENGLISH 1 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE

 

SEGUNDO:

 

9788420573632

POPTROPICA ENGLISH 2 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

9788420573625

POPTROPICA ENGLISH 2 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

 

TERCEIRO:

 

9788420574059

POPTROPICA ENGLISH ISLANDS 3 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

9788420574042

POPTROPICA ENGLISH ISLANDS 3 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

 

Se aínda non se adquiriron os libros é preferible adquirir a edición deste ano (ISBN que se mostran arriba). Aínda así, se xa se adquiriron os libros cos ISBN do ano pasado, tamén son válidos. Non é preciso cambialos.

Lista imprimible en PDF

Distribuir contido