Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Abril 26, 2021
Start: 26/04/2021 13:13

Dende o Equipo TIC retomamos o II Concurso fotográfico do curso pasado (que fora cancelado pola situación sanitaria do momento), con distinto tema: "Cariño e o mar"

Premede en "Adxunto" para ler as bases do concurso.

Animádevos a participar!!

Mércores Abril 28, 2021
Start: 28/04/2021 10:33

Atendento á Orde do 2 de marzo de 2021 e á Circular 2/2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, establecéronse para este centro os seguintes prazos para a reclamación das cualificacións finais e das decisións de promoción en Educación Infantil e Educación Primaria:

  • 22 de xuño: comunicación ás familias das cualificacións finais e decisión de promoción.
  • 23 e 24 de xuño: prazo para que as familias podan solicitar por escrito, debidamente xustificado, a revisión das cualificacións finais e decisión de promoción.
  • 29 e 30 de xuño: prazo para presentar reclamación ante a Xefatura Territorial.

A información máis ampla e detallada podédela consultar nos seguintes enlaces:

Orde do 2 de marzo de 2021

Circular 2/2021

Venres Maio 14, 2021

Ola, xa temos o número 77 do noso xornal escolar "O Espigonciño".

Edición Letras Galegas, maio 2021.

Imaxe da portada do xornal, preme para abrir en PDF.

Preme para velo en formato PDF.

Distribuir contido