Eventos
Publicada no día de hoxe a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (orde)
PRAZO:
Do 20 de maio ao 19 de xuño
DESTINATARIOS:
Fondo solidario de libros: alumnado de 3º e 4ºde EP; o alumnado matriculado en 5º e 6º de EP no curso 2020/2021 disporá de ordenadores do proxecto E-dixgal para acceder aos libros dixitais.
Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP no curso 2020/2021
Axudas para a adquisición de material escolar: o alumnado matriculado en todos os cursos de EP
SOLICITUDES:
Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación (enlace)
Presencialmente con cita previa no teléfono 881880434 ou no correo ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal
As solicitudes deberán estar asinadas polo pai, nai,titor/a ou representante legal do/a alumno/a.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR(preferiblemente de xeito telemático)
- Fotocopia do DNI/NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática
- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2018( en caso de non telo poderase acreditar co volante de convivencia, informe dos Servicios Sociais do Concello onde resida a familia que acredite a situación e/ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor)
- Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacidade xudicial con patria potestad prorrogada/ rehabilitada...
Mais información no seguinte enlace fondolibros
IMPORTANTE:o alumnado que para curso 2020/2021 estará matriculado en 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
Unha vez pechado prazo de admisión quedan expostas no taboleiro do vestíbulo as listas provisionais de alumnado admitido tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.
As listaxes definitivas serán expostas entre o 9 e o 26 de xuño.
Aquí temos o número 75 do noso xornal escolar "O Espigonciño".
Formatos:
Enquisa para coñecer a túa opinión sobre o funcionamento da biblioteca.