Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Marzo 12, 2020
Start: 12/03/2020 14:26

Segundo o anuncio da Consellería de Educación sobre o coronavirus para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 adoptarase no centro as seguintes medidas relativas ao alumnado:

 

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

 

 

Domingo Marzo 15, 2020
Start: 15/03/2020 22:29

Suspéndese a recollida de material e actividades no centro por parte das familias de alumnos.

Martes Marzo 17, 2020
Start: 17/03/2020 13:50

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

CURSO 2020/2021

 

Novas instrucións sobre o prceso de admisión  por mor do COVID-19

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Mércores Marzo 18, 2020
Start: 18/03/2020 11:46

O alumnado de E. Infantil dispón de propostas de actividades na ala virtual do centro no apartado ESPAZO FAMILIAS.

 

Venres Marzo 20, 2020
Start: 20/03/2020 16:35

O Ministerio de Sanidade dicta unha instrucción que permite ás persoas con Trastorno do Espectro Autista saír á rúa acompañadas mentres dure o estado de alarma.

 

Máis imformación neste enlace da

CONFEDERACIÓN DE AUTISMO DE ESPAÑA

Autismo España. Ir a Inicio

Martes Marzo 24, 2020
Start: 24/03/2020 11:28

Estimadas familias: queremos informarvos que na Aula Virtual están publicadas para algúns cursos recomendacións e actividades que podedes realizar xunto cos rapaces e rapazas.No ESPAZO FAMILIAS ou no ESPAZO ALUMNAS E ALUMNOS podédelas atopar diferenciadas por cursos.

Luns Marzo 30, 2020
Start: 30/03/2020 04:35

Ante a situaciíon de Estado de Alarma, e véndonos da imposibilidade de dar en man o boletín de notas da 2ª Avaliación, queremos informarvos de que está a disposición das familias  a aplicación de móbil abalarMóbil na que podedes recibir as calificacións dos voso fillo/a, así coma outras notificacións por parte do profesorado ou do centro. esta aplicación estase a usar dende hai xa moitos anos ppola Consellería, servindo para toda a escolarización do alumno/a, dende educación Infantil ata Bacharelato. Podedes descargarla tanto no móbil como na táblet. para ter máis información pinchade no seguinte enlace:

AbalarMobil para as familias

 

Start: 30/03/2020 11:07

Ante a situación de Estado de Alarma, e véndonos na imposibilidade de dar en man o boletín de notas da 2ª Avaliación, queremos informarvos de que está a disposición das familias  a aplicación de móbil abalarMóbil na que podedes recibir as calificacións do/a voso/a fillo/a, así coma outras notificacións por parte do profesorado ou do centro. Esta aplicación estase a usar dende hai xa moitos anos pola Consellería, servindo para toda a escolarización do alumnado dende Educación Infantil ata Bacharelato. Podedes descargala tanto no móbil como na táblet. Para ter máis información pinchade no seguinte enlace:

AbalarMobil para as familias

Distribuir contido