Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 20, 2020
Start: 20/02/2020 14:21

Mañá 21 de febreiro celebraremos o desfile de Entroido 2020. O desfile sairá do colexio ás 11.00 h. e percorrerá o Paseo Marítimo.

Ao final do mesmo repartirase entre o alumnado  chaolas e leite.A saída para a casa será a habitual das 14:30 h.

 

Xoves Febreiro 27, 2020
Start: 27/02/2020 09:17

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2020/2021

ALUMNADO ADMITIDO NO IES "CABO ORTEGAL"

para cursar 1º curso da E.S.O.

A partir de hoxe, 27 de febreiro de 2020 estará exposta no taboleiro da entrada do centro a lista de alumnado de 6º de Primaria admitido para cursar 1º curso da ESO no IES Cabo Ortegal.

Martes Marzo 03, 2020
Start: 03/03/2020 13:51

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

CURSO 2020/2021

 

PRAZO: DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2020

 

O vindeiro 1 de marzo de 2020 iníciase a fase de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/21.

O alumnado que xa está matriculado neste centro non ten que facer ningún trámite.

O alumnado que iniciará a escolarización en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL no vindeiro curso 2020/2021 deberá realizar a presentación da solicitude no colexio ou facéndoo a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado).

Tanto no caso de presentar a solicitude telemáticamente como no caso de presentala directamente no centro deberá achegarse fotocopia da documentación pertinente:

  • DNI proxenitores.

 

 

Martes Marzo 10, 2020
Start: 10/03/2020 12:47

O pasado 24 de febreiro celebróuse o día de Rosalía de Castro, pero como nos coincidíu coas vacacións de entroido decidimos celebralo o martes 3 de marzo. Éste ano adicóuse a lectura pública da obra da nosa escritora, e os protagonistas deste acto foron os colaboradores da biblioteca, quenes prepararon a lectura dalgúns poemas da poetisa acompañados de melodía. Todo isto foi posible grazas á colaboración de dous mestres do centro (a profe Marta de música e o profe Martin o orientador). Agradecemos a todos eles por nos facer pasar un rato tan bonito e emotivo e especialmete a artífice da actividade a mestra Deli. Ata pronto!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xoves Marzo 12, 2020
Start: 12/03/2020 14:26

Segundo o anuncio da Consellería de Educación sobre o coronavirus para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 adoptarase no centro as seguintes medidas relativas ao alumnado:

 

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

 

 

Domingo Marzo 15, 2020
Start: 15/03/2020 22:29

Suspéndese a recollida de material e actividades no centro por parte das familias de alumnos.

Martes Marzo 17, 2020
Start: 17/03/2020 13:50

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

CURSO 2020/2021

 

Novas instrucións sobre o prceso de admisión  por mor do COVID-19

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Mércores Marzo 18, 2020
Start: 18/03/2020 11:46

O alumnado de E. Infantil dispón de propostas de actividades na ala virtual do centro no apartado ESPAZO FAMILIAS.

 

Distribuir contido